O pasado día 3 de marzo publicouse no DOG sendas resolucións polas que se convocaban cursos superiores de linguaxe xurídica galega para persoal de xustiza destinado tanto dentro da Comunidade Autónoma de Galicia como fóra dela.
A opinión deste sindicato é que a formación ten que chegar a tódolos traballadores da administración de xustiza que estean interesados en facer os devanditos cursos, pero o número de prazas é escasa coma sempre: 2 edicións -60 alumnos- para os compañeiros de fóra de Galicia e 3 edicións -90 alumnos- para os destinados dentro de Galicia.
Onte presentamos na Delegación Territorial da Coruña escrito solicitando que se amplíen o núm. de prazas de cada unha das edicións que se convoquen e, no seu caso, de non ser posible e como o núm. de prazas do curso de linguaxe xurídica superior para os destinados na Comunidade Autónoma Galega é máis ampla, que no caso de quedar algunha praza sen cubrir que acrecente a edición do curso para os destinados fóra de Galicia.
Tamén deixamos á vosa disposición unha solicitude persoal que podedes enviar directamente á EGAP -por correo ordinario ou fax- para que convoquen máis cursos e núm. de prazas por curso.
Escrito presentado onte
Solicitude en word
Escrito presentado onte
