O pasado
día 4 convocáronse no DOG cursos de idiomas (inglés, francés, alemán e
portugués) pero só para persoal da Administración da Comunidade Autónoma de
Galicia, polo que o persoal de Xustiza está excluido, nin siquera podemos
solicitar prazas no caso de que queden valeiras, ás que si poden acceder
funcionarios/as doutras administracións e institucions que non son da Xunta, como por exemplo persoal dos Concellos.
A propia páxina web da EGAP non da opción a
matricularse nos cursos de idiomas, e solo podemos matricularnos nos de
linguaxe xurídica. Eso sí, déixache aceder coa clave a aula virtual para
facer un test de nivel, pero despois non podes matricularte no curso.
Esta
discriminación vense repetindo ano tras ano sen que a EGAP nin a Dirección Xeral
de Xustiza fagan nada para evitalo.
Pedímoslle
a EGAP que de inmediato convoque cursos de idiomas para o persoal de Xustiza en
Galicia ou nos deixen matricular en igualdade de condicións nos cursos xa
convocados.
Ver escrito á EGAP