O pasado día 5 de
marzo publicamos unha información que nos facilitaron os nosos compañeiros de STAJ en Madrid referente a que estaban a punto de aprobarse
polo Ministerio as RPTs das Fiscalías de Galicia, e ningun Sindicato dos que
está na Mesa Sectorial de Xustiza en
Santiago, e que estaban a negociar esas RPTs, lles dixera nada os
traballadores/as, nin anunciaron que as negociacións remataran, nin si fora con
ou sin acordo.
Esa información,
que fora contrastada coa propia Administración, e que o venres pasado se fixo
realidade no BOE e no DOGA, non lle gustou ó Sindicato SPJ-USO, quen nunha
nota informativa posterior, non solo se mofa de nós e nos insulta, senon que
ademáis intenta ningunearnos.
Non imos a caer,
como fixo SPJ-USO, na descalificación persoal e no insulto, pero sí a defendernos dalgunhas expresóns coas
que tentaron calarnos e deixarnos como mentirosos e manipuladores da
información.
Naquela nota
SPJ-USO decía” Lamentablemente, una vez más,
ante la desinformación difundida por “cuatro personas” escondidas bajo
unas siglas en las que se amparan y de las que se sirven como plataforma para
verter afirmaciones totalmente infundadas no sabemos si fruto de su
ignorancia o de sus perversas intenciones.”.
Si
coa expresión “cuatro personas” se refiren a liberados en Galicia, equivócanse,
tan solo somos 3 liberados, SPJ-USO ten polo menos 9 nesta Comunidade. As nosas
siglas son STAJ, e non nos escondemos detrás delas, senon que estamos
orgullosos das mesmas e de pertenecer a este Sindicato que sen subvención, sen cursos de formación e coa couta de afiliación
máis baixa( 4 euros) conseguiu en poucos anos ser o terceiro Sindicato de
Xustiza en España, con 186 delegados e representación en case tódalas CCAA,
cando SPJ-USO apenas conta con 50 delegados e unha representación reducida a
pouco máis de Andalucia e Galicia. Eso sí para non ser menos, que as dúas
grandes organizacións sindicais españolas, USO tamén está implicado nos fraudes
dos cursos de formación, en concreto aqui en Galicia.
A nosa ignorancia
levounos a saber máis ca eles, nun tema que eles estaban a negociar coa
Dirección Xeral, e as nosas perversas intencións son a información puntual e
verdadeira, a transparencia e a honestidade.
Segue dicindo a
nota de SPJ-USO “que no hace falta ir a Madrid en un alarde de periodismo de
investigación que desvele las oscuras negociaciones de los sindicatos que
os representamos en la mesa sectorial de justicia.” Volvense
a equivocar, nós non necesitamos ir a Madrid, temos compañeiros de STAJ ali, agora mesmo somos a primeira forza Sindical
na Comunidade de Madrid, e temos representación nos órganos Centrais do
Ministerio en Madrid, ademáis estamos na Mesa Sectorial do Ministerio, SPJ-USO en Madrid non se conoce, nin
ten representación nesa Comunidade, ni en Organos Centrais, ni está na Mesa
Sectorial do Ministerio.
En ningún momento SPJ-USO, na súa nota, negou ter coñecemento de que se
ían aprobar as RPTs, parece que sí o sabían. Tampouco, nesa mesma nota, manfestouse que informara de tal
circunstancia os traballadores/as, polo que sea calaron.