Esta
resolución ten por obxecto regular a provisión de forma temporal, mediante
substitucións, dos postos de traballo reservados ao persoal funcionario
integrante dos corpos ou escalas xerais ao servizo de Administración de xustiza
–corpos de xestión procesual e administrativa, de tramitación procesual e
administrativa e mais de auxilio xudicial– que presten os seus servizos na
Administración de xustiza en Galicia cando estes postos se atopen vacantes, ou
cuxo titular estea ausente en períodos de longa duración.
Para
estes efectos enténdese por longa duración un período de 61 días naturais ou
máis.
Clases
de substitucións
Distínguense
as seguintes clases de substitucións:
a.
Substitucións verticais: persoal funcionario nomeado substituto no corpo
inmediatamente superior.
b.
Substitucións horizontais: persoal funcionario nomeado substituto no mesmo
corpo.
O
persoal que teña como posto definitivo un posto singularizado en LD ou de CE
non poderá solicitar un posto en substitución.
Con
carácter xeral non se cubrirán por substitución horizontal postos xenéricos con
persoal da mesma unidade ou centro de destino, segundo o caso.
Poderá
solicitar as substitucións, con exención de funcións nos seus postos, o persoal
funcionario de carreira dos corpos e escalas xerais ao servizo da
Administración de Xustiza con destino en órganos radicados na Comunidade
Autónoma de Galicia que estea en situación de activo e leve polo menos un ano
no posto.
O
prazo de presentación de solicitudes será de tres (3) días hábiles.
As
persoas solicitantes deberán achegar coa solicitude, a acreditación da
titulación necesaria para o ingreso no corpo superior ao que pertence o/a
funcionario/a, de ser o caso (só no caso de que non a poida obter a
Administración consonte o disposto no artigo 9).
Criterios
de adxudicación
Prazas
xenéricas. De haber máis dunha persoa interesada que reúna os requisitos
establecidos para o desempeño do posto, seguirase a seguinte preferencia:
a)
Persoal funcionario do corpo inferior que a praza ofertada da mesma unidade.
b)
Persoal funcionario do mesmo corpo que a praza ofertada de distinta unidade e
mesmo centro de destino.
c)
Persoal funcionario do corpo inferior que a praza ofertada de distinta unidade
e mesmo centro de destino.
d)
Persoal funcionario do mesmo corpo que a praza ofertada de distinto centro de
destino.
c)
Persoal funcionario do corpo inferior que a praza ofertada de distinto centro
de destino.
En
todos os casos, de existir varias persoas interesadas respecto de cada un dos
puntos, a quen teña maior tempo de servizos prestados no centro de destino,
atendendo, se for o caso, á orde xurisdicional, e de existir empate, quen teña
maior antigüidade no corpo.
Prazas
singularizadas ou con requisitos específicos establecidos na RPT (gardas,
VSM..).
De
haber máis dunha persoa interesada que reúna os requisitos establecidos para o
desempeño do posto, seguirase a seguinte preferencia:
a)
Persoal funcionario do mesmo corpo que a praza ofertada da mesma unidade.
b)
Persoal funcionario do corpo inferior que a praza ofertada da mesma unidade.
c)
Persoal funcionario do mesmo corpo que a praza ofertada de distinta unidade e
mesmocentro de destino.
d)
Persoal funcionario do corpo inferior que a praza ofertada de distinta unidade
e mesmocentro de destino.
e)
Persoal funcionario do mesmo corpo que a praza ofertada de distinto centro de
destino.
f)
Persoal funcionario do corpo inferior que a praza ofertada de distinto centro
de destino.
En
todos os casos, de existir varias persoas interesadas, a quen teña maior tempo
de servizos prestados no centro de destino, atendendo, se for o caso, á orde
xurisdicional, e de existir empate, quen teña maior antigüidade no corpo.
Todas
as substitucións outorgadas de conformidade coa Resolución do 18 de maio de
2022 manterán a súa vixencia ata que finalice segundo as causas previstas no
artigo 15.
Para máis información accede ao DOG aquí