jueves, 23 de abril de 2015

Rexistro de demandas telemáticas nos Partidos Xudicias sen persoal do Decanato.

Hai uns días facíamos pública  unha información contando a posibilidade de facer quendas voluntarias para o rexistro de demandas e escritos no Orde Xurisdiccional Civil, naqueles Partidos Xudiciais que conten con un ou dous Xulgados de Primeira Instancia e Instrucción e que non teñen  persoal propio no Decanato. 
Empezouse polos xulgados de A Coruña, despois os de Pontevedra, e por último Lugo e Ourense. Primeiro daselle o persoal un curso dunhas horas, e días despois escomenza o rexistro telemático.
Postos en contacto coa Dirección Xeral, nos din que os Secretari@s Coodinadores lles mandan os Secretarios dos Xulgados o calendario de comenzo para cada localidade da provincia respectiva, en base a esa data se fixa o día para facelo o curso, e se informa os Secretari@s para facela quenda de persoal interesado de todos los corpos e de ámbolos xulgados, ali donde existe máis dun, pagandoselles unha prolongación de xornada durante o mes da quenda. Esta prolongación de xornada exige o cumplimento efectivo de 40 horas semanais, incluso no horario de verán.