jueves, 18 de diciembre de 2025

Os protocolos de Pontevedra e Vigo teñen puntos contrarios á normativa

Mañá venres día 19 de decembro, STAJ reunirase co Secretario Coordinador de Pontevedra. Entre os temas a tratar, imos trasladarlle unha serie de problemas que vai xerar a aplicación dos protocolos publicados no día de onte:

- Detectamos que algún dos grupos de traballo funcionais (os que non están na estructura) que se crean nos protocolos inclúen menos persoal do que foi confirmado dende a súa concreta xurisdicción. Isto fai imposible que se cumpla a norma que se recolle na Disposición Transitoria primeira do RD 1451/2005, que convén recordar: "salvo voluntad expresa de la persona afectada por la confirmación no se le podrá encomendar, en el destino adjudicado, tareas sobre materias que fueren propias de órganos judiciales de diferente clase a aquel en que estuviere destinado antes del acoplamiento".
Segundo esa norma, unha persoa funcionaria que foi confirmado procedente dun xulgado do social, por por un exemplo, non podería levar materias de xulgados de distinta clase dun xulgado do social. Esiximos que o protocolo se adecúe á legalidade neste sentido.

- Pediremos tamén que se exclúa a posibilidade de que unha mesma persoa funcionaria poida formar parte de dous grupos de traballo diferenciados.

- Necesitamos saber qué vai ocurrir o día 2 de xaneiro. Imos seguir traballando no mesmo sitio e tramitando os mesmos expedientes que o día 30 de decembro? Qué expedientes se van a asignar a cada un?

- Chéganos información tamén de que nalgún Área ou servizo común, os letrados directores pretenden incumplir a distribución de persoal por grupos de traballo que se establecen nos protocolos, aínda que os propios documentos establecen que son de obrigado cumplimento.

- Pedimos que se estableza un criterio obxectivo para a formación dos grupos de traballo, nos que se prime a voluntariedade dos funcionarios en formar parte dun concreto grupo de traballo, evitando que sexa un nomeamento a dedo por parte do correspondente LAJ.

Estes problemas, e máis que irán aparecendo, son consecuencia en moita medida en que os protocolos se redactaron en Pontevedra sen escoitar aos funcionarios dos corpos xerais, o que vai xerar un acoplamento caótico e cheo de erros evitables.

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras