viernes, 27 de junio de 2014

Sentenza paga extra Ourense: concede a paga extra e a paga adicional íntregras.

Publicamos como fixemos coas anteriores, a sentenza que recoñece en Ourense o abono da paga extra a un funcionario (delegado sindical) de xustiza.

Fai dous dias decíamos que a sentenza de Pontevedra era a millor das que coñecìamos, pero ésta de Ourense é a millor posible, recoñece toda a paga extraordinaria e toda a paga adicional, aínda que a fundamentación de esta última é escasa. Temos que decir que non esperabamos, visto a fundamentación das outras tres sentenzas, que se recoñecese tódalas cantidades que conforman a paga extra do 2012, e por riba condena á Xunta a pagalas costas.

Esto, que sin lugar a dúbidas é unha boa nova, crea sen embargo unha diferenza en canto  as cantidades, que con motivo da solicitude de extensión  de efectos se van a cobrar nas distintas localidades de Galicia.

Poñémosvos varios exemplos: 
-Un funcionario do corpo de Xestión, que pida a extensión da sentenza de Vigo vai cobrar 364 euros menos que un funcionario que pida a extensión no Xulgado de Pontevedra, esta cantidade correspode ó valor do complemento de destino, que en Vigo non se recoñece.
-Un funcionario de Xestión  que pida a extensón nos Xulgados de Pontevedra vai a cobrar 312 euros menos que un funcionario que pida a extensión nun Xulgado de Ourense, esta cantidade corresponde ó valor da diferenza que hai entre cobrar 1 mes e 9 días da paga adicional que se recoñece en Pontevedra, a cobrar toda a paga adicional da sentenza de Ourense.
-Un funcionario (caso máis extremo) de Xestión que pida a extensión de efectos nun Xulgado de Vigo,  vai cobrar 676 euros menos que un funcionario que pida a extensión nun Xulgado de Ourense, pois este cobra a maiores o complemento de destino e toda a paga adicional. 

Con respecto a sentenza de A Coruña, como non especifica o que entende por paga extra, ben pode ser como a de Vigo, ou como a de Pontevedra, do que si estamos seguros é que nunca será como a de Ourense.

Nos outros Corpos a diferenza é algo menor, pero máis que suficiente para esperar a interpoñer a extensión de efectos. 

Esto só se arranxaría, esperando a que nesas localidades, haxa mais sentenzas que melloren as cantidades recoñecidas ata o de agora, dando o total ou que se aproximen o máximo a esa cifra, e pedir e extensión a esas.

Outra solución é esperar a que haxa en Santiago algunha sentenza, que sendo coma a de Ourense ou mellorando as de deteminadas localidades, poida extender os seus efectos a toda Galicia.

Demandas hai presentadas en Santiago e en máis localidades, solo esperemos a que haxa sentenzas antes de que caduque o dereito para pedir a extensión de efectos, no hai porque ter presa, hai un ano de prazo.
SENTENZA PAGA EXTRA OURENSE