En STAJ elaboramos dous modelos de solicitude para pedir a extensión de efectos das sentenzas que recoñecen o dereito a cobrar a paga extra do ano 2012.
Estes modelos son modelos xerais e como están en word pódense adaptar ás circunstancias de cada un/unha, ou modificar por si queremos milloralos.
O primeiro modelo, é para cando se lle otorga a representación ó Abogado, e o segundo modelo é para cando nos representamos a nós mesmos (caso que permite o Xulgado de A Coruña).
En ambos casos hai que designar un domicilio a efecto de notificacións na sede do órgano xudicial, nós puxemos os locais sindicais do STAJ e o xulgado no que traballemos para cando coincide coa da localidade da sede do xulgado, pero podedes poñer outros que queirades.

Por suposto estes modelos son os que imos a utilizar para quen queira facer a extensión de efectos con nós, pero tamén os podedes utilizar para pedir a extensión de xeito particular.
Se o periodo traballado, pola causa que sexa, é inferior ós seis meses do devengo da paga extra, do 1 de xuño ó 30 de novembro do 2012, debemos modificar os modelos nese senso.
Aqueles/as que decidistes pedir xa a extensión e queredes que STAJ vola tramite poñédevos en contacto con nós.
Modelo con representación do AbogadoModelo representacion propio nome