lunes, 23 de junio de 2014

Iniciación das solicitudes de extensión de efectos.

Respeto da iniciación das solicitudes de extensión de efectos das sentencias de A Coruña e Vigo, a postura de STAJ, que demos a coñecer en máis dunha ocasión, é esperar, ben ata que se pronuncien o Constuticional ou o Supremo, ben ata que se dictasen sentenzas que poideran mellorar a cantidade de cartos recoñecida nas sentenzas que se fixeron públicas.
Pero tamén é certo que xa nos  dixeron  moitos  compañier@s, unhos afiliados e outr@s  non, que desexan comezar de inmediato co proceso para solicitar a extensión de efectos  das sentenzas.
Ante estas circunstancias decidimos presentar no curto prazo, aquelas solicitudes que nos pidades, ben sexa de afiliados ou ben de persoas que non estedes afiliados a ningún Sindicato.
Si pensades polo que sexa que é mellor reclamar xa a extensión de efectos, poñédevos en contacto connosco, e tramitámosvos a solicitude en poucos días. 

Os documentos que necesitamos son:
   - As nóminas de xuño á decembro de 2012, ou as dos meses que se houbera traballado dentro de se periodo.
   -Un testimonio do poder de representación Apud Acta otorgado a favor do correspondente Abogado do Sindicato.
    -Encher, cos datos que se piden, a solicitude que vos faremos chegar .

Lembrarvos que os Xulgados do Contencioso están  a inadmitir as solicitudes que non se fagan de maneira  individual.