Ante a
posibilidade certa, de que nos vindeiros días se dicte por algún ou algúns Xulgados
do Contencioso de Galica sentenzas que recoñezan o dereito o cobro, por parte
de funcionarios de Xustiza, da paga extra do ano 2012, queremos ACLARAR:
_ Que a solicitude
de extensión de efectos, de esa ou esas sentenzas, se pode facer por
calquer funcionario/a de Xustiza,
titular ou interino, que teña o domicilio dentro do ámbito territorial do
Xulgado sentenciador, e que houbera traballado en Galicia dentro do periodo que
vai do 1 de xuño o 30 de novembro de 2012.
_ Que non é necesario estar afiliado a ningún
Sindicato, nin facela reclamación a través de ningún Sindicato, podese facer a solicitude de maneira
individual ou en grupo.
_ Para a
solicitude é necesaria a intervención de
un Abogado, que pode levar a representación e a asistencia xurídica.
_ Que STAJ elaborará modelos de solicitudes
de extensión de efectos, que acollen diversos supostos, e que repartiremos
entre todolos compañeiros.
_Que STAJ tramitará de balde a solicitude os
seus afiliados e novos afiliados, e tamen
a aquelas persoas non afiliadas a ningún sindicato, aínda que estas deberán
oportar unha pequeña cantidade ecónomica para sufragar gastos.
_ Que o
prazo para pedila extensión de efectos é de un ano dende a notificación da sentenza,
que existen máis demandas que iran
xerando máis sentenzas o longo do ano, polo que recomendamos paciencia, para
poder pedir a extensión de efectos naquela sentenza que recoñeza unha maior
cantidade a devolver ( A sentenza de Sevilla solo recoñece o dereito a
cobrar sueldo e trienios, non os complementos (paga adicional), cousa que imos intentar
mellorar)
_Que a solicitude quedará en suspenso, si contra a sentenza, a
Admón plantexara un Recurso Extraordinario en Interés de Ley ante o Tribunal
Supremo, ata que este órgano se pronuncie.
_ Que STAJ tamén ten iniciada a vía, por
medio do seus delegados a título particular, para que en vindeiras semanas se
produzcan sentenzas que nos devolvan a
paga extra roubada no 2012, as cales, por suposto, serán postas a disposición de todolos compañeiros por este Sindicato.
SEGUNDO SE VAIAN COÑECENDO
SENTENZAS IREMOS INFORMANDO DAS POSIBILIDADES DE TOD@S VOS CON RESPETO A
EXTENSIÓN DE EFECTOS.