O 12 de febreiro de 2014, a Secretaria de Goberno
do TSJ ditou
unha instrución dirixida aos secretarios coordinadores das diferentes
provincias da CCAA, dando un prazo de 6 meses co fin de proceder ao expurgo en
todos os xulgados galegos, comezando polo asuntos do ano 1980.
Dende este Sindicato manifestamos o noso malestar
pola falta de previsión novamente da
Dirección Xeral de Xustiza, que pretende realizar o expurgo a custo cero.
A realización do expurgo non
pode menoscabar a atención ao cidadán e ao quefacer diario nos xulgados
galegos, polo que este sindicato presentou un escrito dirixido á DXX co fin de
que para esa tarefa se designe persoal de apoio a cada órgano xudicial, ou no
seu caso, se amplíe a xornada aos integrantes de cada órgano xudicial, que
voluntariamente o soliciten e coa remuneración correspondente e fóra do horario
habitual, para que realicen o labor de expurgo e así
non entorpecer o traballo diario dos xulgados.
Xa
está ben!!!, non podemos ter unha xustiza eficaz e a custo cero.
En base a Instrucción da Sala de Gobern do TSJ, o Secretario Coordinador de Pontevedra, dictou outra instrucción que non ten desperdicio, pretende que se dedique un tempo diario o expurgo, e que sexa toda a plantilla do xulgado. De momento solo coñecemos esta instruccion dun Coordinador, pero seguro que haberá máis do resto das provincias galegas, e na mesma liña ca esta.
Instrucción Coordinador Pontevdra
