martes, 21 de enero de 2014

Solicitud a EGAP para que convoque de inmediato os cursos de galego para persoal de fora de Galicia e para que o persoal de Xustiza poidamos optar os cursos de idiomas .

O día 26 de Decembro publicouse no DOG a listaxe dos cursos que a EGAP vai impartir no plan de formación para o ano 2014. Eses cursos van dirixidos de maneira especifica o persoal da Admón de Xunta, o persoal da Admón Local e o persoal de Xustiza. 
Dentro dos Cursos para o persoal de Xustiza atópanse Cursos de Linguaxe Xurídica Galega para compañeir@s que traballa fora de Galicia, e como xa fixemos outras veces, pedímoslle a EGAP que convoque de inmediato eses cursos, e amplie o número de prazas por edicción, para que no concurso deste ano a xente que está fora poida  contar cos puntos que os devanditos cursos otorgan, e teñan así máis posibilidades de vir para Galicia, lembremos que desde finais do 2012 non se convocaron máis cursos de galego para este colectivo.
Por outra banda, dentro dos cursos dirixidos en exclusiva ao persoal da Administración da Xunta figuran cursos de idiomas( inglés, portugués, alemá e francés), cursos os que o persoal de Xustiza non podemos optar, producindose unha discriminación flagrante.Pois ben, no mesmo escrito solicitamos a EGAP que nos deixe optar os cursos de idiomas en igualdade de condicións que o persoal da Xunta.  
Ver escrito presentado

STAJ mantén como un dos seus principios, NON REALIZAR CURSOS DE FORMACIÓN, como unha das  bases, xunto coa renuncia as subvencións, para unha total independencia do poder político.
A formación do persoal  debese xestionar pola Administración cos seus propios medios, e nunca coa intermediación dos Sindicatos, esa non é a nosa función, evitándose así picarescas e cousas como as que vemos últimamente na prensa.