Rematadas
a enquisas que a Plataforma realizou entre os Funcionari@s de Xustiza en
Galicia, co gallo de saber que persoal está a favor de realizar una folga na
Administración de Xustiza, e o mesmo tempo saber cal das dúas opcións de folga propostas, conta con máis apoios,
estamos a espera de que se publiquen o datos globais que se recolleron na
consulta.
Nós,
que non participamos na enquisa, si temos datos parciais dalgunhas localidades pequeñas e
grandes, que nos indican que houbo arredor
dun 25% de votos que se depositaron sen
nome e sen apelidos. Eses votos
segundo as normas da propia enquisa, e tal como figuran nos resultados que nos
temos, foron contabilizados como “votos nulos”.
Cónstanos
tamén que a inmensa maioría de eses votos realizados de forma anónima, foron votos a favor dunha ou outra clase de
folga, sendo de carácter testimonial os votos nulos contabilizados por mor
de outras causas.
E polo que STAJ, reitera a súa petición os
Sindicatos membros da Plataforma de Xustiza en Galicia, para que reconsideren a decisión de declarar nulos os votos realizados de forma anónima, que son na súa
maioría votos a favor dunha ou doutra folga, e polo tanto no resultado global
conten como votos válidos, que axuden a acadar ese amplo respaldo a unha folga
moi necesaria.
Este Sindicato segue comprometido en convocar e apoiar a folga, sexa a modalidade que sexa, que saia votada maioritariamente nas enquisas, aínda que a nós nos parece máis adecuada a folga a xornada completa.
Este Sindicato segue comprometido en convocar e apoiar a folga, sexa a modalidade que sexa, que saia votada maioritariamente nas enquisas, aínda que a nós nos parece máis adecuada a folga a xornada completa.