lunes, 30 de diciembre de 2013

EGAP; listado de cursos de formación para o 2014.

No DOGA do Xoves 26 publicouse a RESOLUCIÓN  do 18 de decembro de 2013 pola que  se publica  o Plan  de formación do persoal ao servizo da Administración autonómica, da Administración local e da Administración de Xustiza de Galicia para o ano 2014.

Dentro dos cursos destinados ao Persoal de Xustiza, atopanse cursos de Linguaxe Xurídica Galega, para persoal que presta servizos en Galicia e persoal de fora da Comunidade

Esta Resolución tan só da publicidade o Plan de formación da EGAP para o 2014, temos que esperar a convocatoria oficial para poder saber donde e cando se realizan e o prazo para solicitalos, de todo vos informaremos con suficiente antelación, e imos a pedirlle a EGAP que adiante a primeiros de Xaneiro a convocatoria dos Cursos de Linguaxe Xurídica Galega. 

Relación de Cursos para o persoal de Xustiza
Ver a Resolución de EGAP completa
STAJ mantén como un dos seus principios, NON REALIZAR CURSOS, como unha das  bases, xunto coa renuncia as subvencións, para unha total independencia do poder político.
A formación do persoal  debese xestionar pola Administración cos seus propios medios, e nunca coa intermediación dos Sindicatos, esa non é a nosa función, e o mesmo tempo evitaríanse picarescas e cousas como as que vemos últimamente na prensa. 
Tamén cremos que si se trata de cursos presenciais débense realizar en horario laboral e con dietas de desprazamento, se fora o caso. E no suposto de reformas procesais, debe a Admón formar de inmediato, a aquel persoal que traballa na Xurisdicción afectada pola reforma.