lunes, 9 de diciembre de 2013

DOGA: publicada a Orde de Interinos.

ORDE do 28 de Novembro de 2013 sobre selección e nomeamento de interinos para cubrir postos de funcionarios dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza en Galicia.

Entre os cambios máis importantes, con relación a Orde de 2009, destacamos:
- Para formar parte da bolsa pidense, a lo menos, 6 meses traballados ou ter aprobado, polo menos, un examen das oposicións do corpo ó que queres acceder, nas últimas dúas convocatorias.
- Valórase máis a antigüedade, ata 21 puntos (antes solo eran ata 18).
- Valóranse máis os cursos de galego, ata 2 puntos, na Orde de 2009 o máximo era 1,5.
- A Licenciatura en Dereito pasa de valer 2 a valer 3 puntos, e a de Informática pasa de 2 a 2,5 puntos.

Parece que ata Xaneiro do 2014 non teñen vontade de publicar a Convocatoria das Bolsas.