No CIXTEC existe unha solictude para poder pedir un anticipo de nómina. Ímosvos explicar como é o proceso de solicitude e cales son a condicións para que se produza o adianto dos cartos con cargo a nóminas posteriores.
O primeiro paso é cubrir a solicitude que figura no Cixtec, donde debemos poñer, de forma concisa, o motivo para o que queremos os cartos, e imprimila. Esa solicitude debe asinarse polo Xefe Territorial da Consellería de Xustiza en cada Provincia ( podese levar a firmar en man). Ó mesmo tempo debemos pedir a Habilitación de Xustiza correspondente un certificado de haberes.
Unha vez obtidos ambos documentos debemos envialos a Consellería de Facenda (son eles os que nos van a dar os cartos), e esperar no caso de que nolo concedan a que nos ingresen os cartos na conta.
As condicións son as seguintes:
-A cantidade máxima que se anticipa é o equivalente a duas nóminas brutas.
-A devolucón das cantidades farase en catorce mensualidades iguais.
-A devolución é sen intereses.
-Hay que presentar un presuposto, sen moito formalismo, é simplemente porque o pide a norma.
Ata o de agora deúselle sen problemas a casi todo o mundo que o solicitou, se queredes información máis polo miúdo podedes chamar a Carlos (Consellería de Facenda) ó 981.544147.