STAJ GALICIA está e estivo sempre a favor das movilizacións contundentes, e neste caso dende un principio a nósa postura foi e segue sendo a de FOLGA INDEFINIDA E A XORNADA COMPLETA.
Para mostra un “botón”, fomos os únicos xunto a outros dous sindicatos, (dos seis que somos en Xustiza), que publicamos no noso blog no día de onte a noticia da maioria acada na cidade de Vigo a favor da folga, e que esperamos que dita maioria sirva coma estimulo para que se acade noutras cidades e pobos onde se van a levar a cabo as enquisas.
A nosa negativa a estar na Plataforma, ven dada pola falta de seriedade do seus integrantes e maila esixencia dos Sindicatos que a conforman, de ternos calados, e de non deixarnos criticar nada do que diga ou faga a Plataforma no seu conxunto, ou calquera dos Sindicatos que a integran por separado. Pero ademáis esa esixencia era explícita o nóso Sindicato, cousa que non podemos entender, nin aceptar.
Que non estemos na Plataforma non quita que estemos a favor da Folga, sexa ésta indefinida a xornada completa, ou sexa a folga de 3 horas, si así sae elexida por maioría nas enquisas que se van a realizar, aínda que nós consideramos que a máis adecuada, entre as dúas opcións, sería a indefinida a xornada completa. E cando decimos que estamos a favor, queremos decir que ímos a convocar e promocionar a folga que vós decidades por maioría, porque como Sindicato podemos convocar folga, sen estar na Plataforma, xa que os obxetivos desta Plataforma e os nosos son os mesmos.
No seu día recomendamos, e seguímolo facendo, que aquela persoa que non desexe pór no papel o sue nome e apelidos (cousa lexítima) é mellor que vote sen nome, pero que vote, polo menos saberemos cál é o sentir do colectivo, e a súa vontade a movilizarse.
Neste senso dende STAJ GALICIA pedímoslle á Plataforma que reconsidere a posible validez dos votos emitidos sin nome, sobor de todo polo un gran número de compañeiros que non o puxeron de manifesto.
Se queremos maiorías hai que facilitar o voto a quen ten que votar, e non pór atrancos á liberdade de voto nin o segredo do mesmo.
Non somos tan importantes, de momento, aínda que temos vocación de selo, para “facer fracasar unha folga” como se nos acusa.
O que está provocando que a xente non vote, ou o faga sin pór o seu nome, é porque está desmotivada e incluso desconfiada de si esto vai en serio ou todo é unha “farsa”, ademáis non está dacordo en decisións que se toman na Plataforma, que algunha delas é contraria o que se acordou nas Asambleas, que por certo, calquera decisión tomada nas mesmas é SOBERANA, e ningunha plataforma ou sindicato, debería cambiala.