martes, 26 de noviembre de 2013

Descontos polas baixas: novo ataque ós funcionarios.


No DOG de hoxe, 26.11.2013, publicase o Decreto, polo que se regulan os complementos das prestacións económicas na situación de incapacidade temporal e noutras situacións protexidas do persoal funcionario dos corpos ao servizo da Administración de xustiza na Comunidade Autónoma de Galicia.
Os supostos comprendidos na norma que non darán lugar a descontos son  só os seguintes:
-Hospitalización o intervención cirurxica.
-Enfermedades graves.
-Incapacidade derivada de violencia de xénero.
-Risco no embarazo ou na lactancia.
-Incapacidade derivada de continxencias profesionais (accidente ou enfermidade laboral).
Dende o día un o terceiro incluido de incapacidade cobrarase o 50% de tódalas retribucións. Dende o cuarto o vixésimo incluido, o 75%. E do vixésimo primeiro ata o 180 incluido, cobrarase o 100%.
Este decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Como vedes a discriminación con respeto a Xuices e Fiscais é brutal, non só en Galicia, tamén nuotras CCAA. Como sabedes a postura do STAJ GALICIA dende un principio, e ademáis feita pública nas asambleas foi e segue sendo a FOLGA INDEFINIDA, e agora coa publicación deste decreto con máis motivo, a pesares do que digan ou intenten facer ver outros.
enlace á publicación no DOG