A seguinte comunicación enviámola onte día 19 de setembro ós
sindicatos de Xustiza en Galicia: CCOO, CSIF, UGT, CIG e SPJ-USO, ó fin de manter unha xuntanza, de
cara a preparar una extratexia de paros i/ou folga, perante a decisión da Xunta
de Galicia de manter no 2014 o recorte salarial do 4% ós funcionarios.
A convocatoria di literalmente:
“Como ben sabedes a Xunta de Galicia ten
pensado seguir recortándonos as pagas extras no vindeiro ano 2014, e non
dubidarán en volvelo a facer para o 2015, si lles ven en gana.
Cremos que non se pode permitir un novo recorte nos soldos
dos funcionario/as, que xa foran mermados de tal xeito, que si se leva a cabo este novo recorte, o noso soldo baixaría, dende o 2010, nun 27%, e
pasariámos a ser os empregados públicos con menos retribuccións do Estado.
Ante esta ameaza de Feijoo, pensamos que non hai negociación
posible, non hai nada que negociar, que a única solución, é a movilización
contundente. Cremos que as
concentraccións, e manifestacións no van a ser suficientes para
doblegar a decision da Xunta, para poder facelo e necesario dar un paso máis
e elaborar un calendario de
paros e folgas.
Sabemos que esto non vai ser efectivo si non actuamos con
unidade sindical, todos xuntos e coordinadamente, e consideramos que
sería máis doado, si toda a Función Publica de Galicia, que tamén esta
afectada, se movilizase ó unísono.
Por todo, é polo que convocámosvos
a unha xuntanza o próximo mércores 25 as 10 da mañá no Local Sindical
dos Xulgados de Santiago, para tratar un calendario de movilizacións, nas que
se contemplen medidas de paros e folgas ben por horas, ben a xornada completa.
Sería desexable, xa que a maioría das vosas Organizacións
Sindicais teñen representación no resto da Función Publica de Galicia, que
fagades as xestions necesarias para que esto se levase a cabo a nivel de toda a
Administración galega.
Esperamos a confirmación da vosa asistencia e as vosas propostas
ó respeto.”