STAJ convocou para onte, as 10 da mañán, en Santiago o resto das Sindicatos de Xustiza, ( CIG-CCOO-CSIF-SPJ e UGT) para falar e acordar una estratexia de cara a facerlle fronte o recorte das nosas pagas extras para o ano 2014.
Como xa explicamos, a proposta de STAJ ía a ser de movilizacións contundentes, ben de paros ou folga, parecido o que están a facer en Cataluña, pero ampliando os órganos e servizos en folga, non só as Oficinas de Registro e Reparto, tamén o Rexistro Civil e as Servizos de Notificacións e Embargos. Estes Órganos en folga paralizaíian a actividade nos Xugados, aunque eso sí a medio prazo, e o resto de persoal deberíamos asumir os descontos que ó persoal en folga se lle fixeran. A cantidade a aportar sería asumible, pois estariamos a falar, duns 35 ou 40 euros por mes. Por certo esta opción foi moi ben acollida polos/as compañeiros/as, que prefieren esto a descontos generalizados.
Pero só era unha proposta, para comenzar o debate, e o acordo podería basarse na nosa proposta, ou noutra que contase co visto bo da maioría dos Sindicatos.
Pois ben, non apareceu ningún representante dos 5 Sindicatos convocados, nin tivemos noticia do por qué da ausencia, nin unha chamada, nin un mail, nada de nada.
A convocatoria non era para falar dun problema particular de nengunha persoa ou Sindicato, era para tratar e buscar solucións para unha nova baixada nas retribucións de todos/as vós, case 3000 persoas en toda Galicia, que sodes os seus representados, polo que consideramos que o desplante non se lle fixo a nosa Organización Sindical, senon, e esto é gravísimo, a todo o colectivo.
Nestas circunstancias sería doado facer sangue, pero o momento esixe unidade e compromiso, e nese sentido voltamos a facer un chamamento as 5 Organizacións Sindicais para que poñan lugar, data e hora, para unha xuntanza sindical, que trate o recorte de Feijoo, pero de forma urxente, ós Orzamentos de Galica quedanlle pouco tempo para ser aprobados e despois xa todo é máis dificil, nós estamos dispostos a acudir tan pronto nolo comuniquen.