O Día 19 de setembro acordouse aprobar a listaxe provisional de admitidos e excluídos na repartición do fondo de acción social 2013. Como novidade este ano, non se farán públicas as listaxes senón que notificaráse mediante correo certificado a admisión ou exclusión provisional dos solicitantes, que terán un prazo de 15 días dende a recepción da correspondente notificación para formular as reclamacións e presentar a documentación que sexa procedente.