Onte tivo lugar unha reunión de Sindicatos con representación no eido da Función Pública de Galicia, foi as 17,30 e contou coa presenza de 7 Sindicato de Sector ( Saúde, Ensino, Admón Xeral da Xunta e Xustiza) e os catro multisectoriales CIG,UGT,CCOO,CSIF.
A reunión foi para tomar medidas de cara a rehazar e neutralizar o recorte das pagas extras que anunciou Feijoo para o ano 2014.
STAJ estuvo presente e pedimos movilizacións rápidas, porque non hai tempo que perder, e contundentes, paros ou folga, tamen o fixeron algúns dos Sindicatos de Sector, pero as Organizacóns multisectoriales, que sen nós saber, xa tiveran unha reunión previa entre os catro, propuxeron o mesmo de sempre, que pasamos a resumir:
- Do 1 ó 9 de outono Asambleas en tódolos centros de traballo.
- O día 10 Concentración as 11,30 diante de San Caetano, para delegados e persoal que traballa na sede da Xunta.
- Concentración o día, ainda sen determinar, que o Goberno chame os axentes sociais para darlle conta dos orzamentos do ano que ven.
- Concentración o día, tamén sen determinar, que os orzamentos se debatan no Parlamento de Galicia.
- Recollida de signaturas nos centros de traballo.
- Manifestacions nas sete comarcas máis importantes de Galicia.
- Despois visto a resposta dos traballadores, podería convocarse algo máis contundente.
Como vedes "o de sempre", nós cremos que sobran as concentracións e manifestacións, cansan o persoal e non arranxan nada, que hai que ir de entrada o contundente, aproveitando a indignación da xente e buscando extratexias de paros ou de folgas como fan en Cataluña.
Aínda así ímos a seguir formando parte da Plataforma, coa idea de poder convencer os grandes Sindicatos, que son máis reacios a convocar movilizacións contundentes, para que despois dunha campaña corta pero intensa de concienciación, se dé un salto cualitativo nas medidas, e dunha vez por todas se pare esta sangría nas nosas retribucións.
Hoxe temos unha reunión en Santiago, cos Sindicatos de Xustiza, haber si desta saen cousas máis contundentes, que sirvan de exemplo ó resto da Función Pública galega, alguén ten que abrir camiño.