O CIXTEC, Organo de Facenda que dá as istruccións sobre a confección das nóminas, acaba de mandarnos unha NOTA ACLARATORIA, sen firmar, sobre a "chapuza" que fixeron coas nosas nóminas.
A NOTA solo fala dos descontos que lles fixeron no IRPF os/as que pediron o adelanto de Extra en Xaneiro, e a aclaración non ten sentido, parece que ainda non se deron conta do que pasou cos descontos.
Pero ademáis olvidaronse de aclararnos que pasa coa retención do IRPF sobre a cantidade que nos reteñen da Extra, que pasa coas retención a maiores de CAT que sufrimos Tramitadores e Xestores, que pasa coa dobre cotizacion que nos descontaron por Dereitos Pasivos e MUGEJU, cando cobramos de Extra pouco máis de metade.
Nos vindeiros días presentaremos un escrito ESIXINDO UNHA RESPOSTA OFICIAL, E A DEVOLUCIÓN OU COMPENSACIÓN INMEDITA das cantidades que nos secuestraron.
Nota do CIXTEC