viernes, 22 de marzo de 2013

Staj solicita máis persoal para os SCNE de Vigo e Pontevedra.

Co gallo da aplicación, a partires do 1 de Abril, do novo Protocolo de actuación de actos de comunicación, para os Xulgados e SCNE de Vigo e  Pontevedra, aprobado pola Secretaria de Goberno do TSJ e realizado polo Secretario Coordinador,  o SCNE de Vigo vai a pasar de atender 14 Xulgados a atender 35, e o de Pontevedra vai a facerse cargo de 9 Organos Xudicias máis. Esto supón unha carga de traballo moito máis grande para os SCNE, que non  vai acompañada da correspondente ampliación da plantilla.
Staj solicitalle a DXX que amplie a plantilla destes servizos, de forma urgente, mediante o nombramentos de interinos, e cre as prazas necesarias para que sexan cubertas no concurso por titulares.
Escrito presentado