viernes, 14 de febrero de 2020

STAJ INFORMA: CESAMENTOS E TOMAS DE POSESIÓN NO CONCURSO

Despois de falar coas delegacións de Xustiza nas catro provincias galegas podemos adiantar, salvo rectificación, ao día de hoxe non sabemos  se vai sacar nota informativa a Dirección Xeral, como afectarán os festivos aos cesamentos e as tomas de posesión do concurso de traslados.
                                                      
                                                  CESAMENTOS

NA CORUÑA, LUGO, OURENSE E VIGO que son sedes das Delegacións de Xustiza é festivo o 25 de febreiro, polo que os que teñan que cesar ese día, cesarían con data 26 e partir do  día seguinte empezaría o prazo posesorio. 
                                                
                                               TOMAS DE POSESIÓN

A CORUÑA, LUGO E OURENSE: Nestas sedes das Delegacións de Xustiza é festivo o 25 de febreiro, polo que os que teñan que TOMAR POSESIÓN nesa localidade contan cun dia mais para facelo.

VIGO: Nesta cidade sede da Delegación de Xustiza é festivo o 25 de febreiro polo que os que teñan que tomar posesión e se movan dentro de prazas desta provincia ou de prazas das outras tres provincias galegas, terán un dia máis para facelo. Pero si ademáis na localidade que sexa domicilio do funcionario/a houbese outro festivo local, como no caso da cidade de Pontevedra que é festivo o día 26 de febreiro, tería un día a maiores.

PARA O PERSOAL QUE VEN DE DESTINOS DE FORA DE GALICIA como o 19 de marzo e festivo de carácter autonómico, tendes un día máis para tomar posesión.

Para aclarar dúbidas deixamos os teléfonos das distintas Delegacións de Xustiza.

A CORUÑA:   981 184 472/ 981 184456   LUGO: 982 294 308/ 982 294 360

OURENSE: 988 386 408    PONTEVEDRA: 986 817 716/ 986 817 788

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.