lunes, 12 de noviembre de 2018

STAJ CONVOCA CONCENTRACIÓNS O MARTES EN CONTRA A REFORMA DA LOPX

Mañá martes, 13 de novembro haberá concentracións nas 7 grandes cidades en sinal de protesta pola grave lesión aos nosos dereitos coa reforma do artigo 521 da LOPX que se encontra pendiente de votación no Pleno do Senado.

A pesar do cansos que estamos pola recente situación vivida na folga de xustiza, queremos que aos políticos lles quede claro que o persoal de xustiza en Galicia tamén se opón totalmente a esta reforma. Estes son os lugares e horarios das concentracións que temos convocadas:
  • Pontevedra: ás 12:00 h. na Parda e ás 13:00 h. na Audiencia
  • En A Coruña: 12:00 h. diante do edificio xudicial de Rúa Monforte
  • En Lugo: 12:00 h. diante do edificio dos xulgados
  • En Ourense: 12:00 h. diante do edificio xudicial do Couto
  • En Vigo: 12:00 h. diante do edificio xudicial
  • En Ferrol: as 12:00 h. diante do edificio xudicial
  • En Santiago de Compostela: 12:00 h. diante do edificio Rua Viena.

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.