martes, 9 de octubre de 2018

Todo un despropósito!!!


Faro de Vigo : el sindicato judicial STAJ tacha de "engaño" el plan de recuperación de la Xunta tras el paro





Despois de 5 meses de rematada a folga o Plan de recuperación só é visible a través  dos  medios de prensa, que leva outro tanto tempo anunciando un plan que non chega aos xulgados e que só se queda en burda propaganda institucional. Sí, parte do plan de recuperación é propaganda e outra grande parte do mesmo consiste en que o traballo o saquemos nós co paso do tempo e de xeito gratuíto, eso sí, mentres tanto os cidadáns pensan que xa levamos co plan varios meses e que o traballo que  se retrasou pola folga estase a recuperar a marchas forzadas, diso se trata, iso é o que queren vender, iso é o que realmente lle importa a Rueda e a Xunta.
Era para xuño, despois para xullo, máis tarde para primeiros de setembro, despois para mediados, logo para o 1 de outubro, e aínda estamos á espera dese plan que a Xunta non remata de vender aos medios de comunicación. E outros, os sindicatos asinantes, non fan outra cousa que repetir, en notas informativas, as bondades  dun plan que nin coñecen, no que non  participan e no que só son uns simples convidados de pedra.
Fixeron apuntar á xente (funcionarios/as) sen informar das condicións, obscurantismo total, nin cantas horas, nin en qué horario, nin como se pagaba a hora, nin canto tempo ía a durar, etc, todo á presa nun principio e pasado ese momento; lentitude, improvisación e retardo malicioso para empezar coa recuperación real do traballo.
Fálase que só van a empezar 98 xulgados, se iso é certo, (insisto,  non temos información oficial), supón só un terzo dos xulgados de Galicia, e o resto... non recupera?.
A recuperación non pode ser só  de xuízos, debe ser  sobre todo de trámite dos expedientes que levan meses parados, e que hai que tramitar ata o xuízo correspondente e seguir tramitando despois de sentenza para executar o fallo da mesma, eso parece que non lle importa e só se preocupan de vender que recuperan parte dos xuízos suspendidos, que só supoñen un pequena actuación dentro do expediente e unha pequena parte do esforzo e do tempo que o xuíz/xuíza e o letrado/a e funcionario/a lle deben adicar a todo o pleito ou expediente sexa da xurisdición que sexa.
Ata o día de hoxe non houbo máis plan que 16 horas por cada funcionario/a apuntado nos servizos comúns e Decanatos das grandes cidade nas fiscalías e no Imelga, 16 horas que moitos non puideron facer porque estaban de vacacións, e non deixaron recuperalas fóra do mes; 16 horas por persoa, cando a media de horas perdida pola folga foron moitisimas máis. Ademais esas oficinas, que non contan con xuíces e que non celebran xuízos, ao día de hoxe cesaron no plan, cando en xuño lle comunicaron que en setembro era posible que o retomasen.  
É un plan de escaparate, para que pareza, non vai a ter apenas incidencia no retraso da tramitación de expedientes, nin na recuperación dos xuízos suspendidos. En Canarias,  na folga de Xustiza recuperouse o 100% do traballo en poucos meses, con plans que se iniciaron ás poucas semanas do remate da folga e investindo todo o que aforraron na folga. No territorio Ministerio no 2008 algo parecido, aquí intentan aforrar máis de 2 millóns de euros dos cerca de 4 que recaudaron cos descontos nas nóminas durante o conflito.  Onde está o resto de cartos, en qué os gastaron?
En definitiva o Plan é que non haxa apenas plan real e si un Plan mediático, o seu plan pasa porque os funcionarios/as  vaiamos recuperando o traballo alí onde se poida, día a día gratis sen remuneración. O plan da Xunta non é un plan de recuperación do traballo, é un plan de aforro.
Nesta actuación contan coa colaboración inestimable dos Sindicatos asinantes do Acordo  e que están na Comisión de Seguemento do plan tan só para aplaudir, sen abri-la boca para nada e sen criticar nin presionar á Xunta no seu empeño en volver a humillarnos e a desprezarnos.
Sí, son cómplices desta confusión premeditada, cómplices por acción cando asinaron o que asinaron e da forma que o fixeron, e cómplices por omisión cando lles permiten todo este despropósito.



STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.