O prazo para a presentación das solicitudes comeza hoxe luns 02.03.2026 e terá unha duración de 30 días hábiles, concretamente ata o 15 de abril de 2026, incluido para todos os graos e para todos os corpos.
A continuación explicamos os pasos para solicitala:
PASO 1. Accede á intranet e na OPAX e aparecerá,
tanto no menú lateral coma nos accesos directos, unha ligazón á: TRAXECTORIA PROFESIONAL.
PASO 2.- SELECCIONA no despregable GRAO I, II ou III, segundo sexa o teu caso.
PASO 3.- SELECCIONA A DATA CONVOCATORIA : 12.01.2026
PASO
4. PULSA BUSCAR e
seguidamente CREAR o que vos sitúa na instancia cos datos xa
precargados, comprobade que todo é correcto.
PASO 5. Como xa vos comentamos os cursos de formación continuada ou de galego xa deberían aparecer precargados. No caso de que non aparezan precargados e precisedes o número de horas mínimo (40 para o grado I; 80 para o Grao II ou 120 para o Grao III) tendes que ANEXAR/ADXUNTAR a documentación en PDF.
PASO 6. Cando rematedes, ASINAR-ENVIAR
No caso de que o sistema informe de que non se reúnen os requisitos de acceso, a persoa solicitante poderá acreditar que os cumpre, se é o caso, anexando a oportuna documentación acreditativa á propia solicitude.
Quen non se atope no seu posto de traballo durante o período de presentación de instancias (por estar de baixa ou noutra circunstancia que xera dereito a solicitala…), pode crear a solicitude a través do OPAX en calquera ordenador.