No DOG de hoxe publícase a resolución do 18 de febreiro de 2026, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se fai pública a relación de prazas que se ofrecen ás persoas aprobadas correspondentes ao ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia nas probas selectivas para ingreso no corpo de auxilio xudicial da Administración de xustiza, pola quenda libre, convocadas pola Orde JUS/1288/2022, do 22 de decembro.
As solicitudes de destino deste ámbito, dirixidas á Dirección Xeral de Xustiza da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, presentaranse na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, no prazo de dez días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación da relación definitiva de persoas aprobadas no Boletín Oficial del Estado, segundo o establecido na base 8.1.a) da convocatoria do proceso selectivo.
As solicitudes formalizaranse consonte o modelo que aparece como anexo II desta resolución de acordo coas seguintes instrucións:
a) No modelo de instancia poderán relacionarse ata o máximo de postos ofertados, indicando a unidade, a denominación, o código do posto, a localidade e a provincia.
b) Procederase á adxudicación de destinos segundo a orde obtida pola persoa aspirante en todo o proceso selectivo e pola prioridade establecida.
c) De non formular solicitude de prazas ou non corresponderlle ningunha das relacio-nadas na súa instancia, por non solicitar un número suficiente de prazas, procederase a destinalo/a, con carácter forzoso, a calquera das prazas non adxudicadas seguindo a orde alfabética de localidades publicada no Boletín Oficial del Estado.
Os destinos adxudicados terán carácter definitivo equivalente para todos os efectos aos obtidos por concurso, sen que poidan participar neste namentres non transcorran dous anos desde a data da resolución en que se lles adxudique destino definitivo.
