Hoxe, 2 de marzo, abreseo prazo para
solicitar o acceso aos graos I, II e III da traxectoria profesional para
o persoal ao servizo da Administración de xustiza en Galicia. O prazo para
presentar as solicitudes será de 30 días hábiles.
O persoal solicitante deberá cubrir a súa solicitude a través
do formulario electrónico dispoñible na OPAX (Oficina
Virtual do Persoal da Administración de Xustiza), no enderezo web http://opax.xunta.es
Requisitos e condicións para o acceso aos Graos I, II e III:
ACCESO AO
GRAO I
1º
Estar en situación de servizo activo na Administración de xustiza en Galicia
(ou en calquera outra situación administrativa que supoña reserva de praza)
no prazo de presentación de solicitudes.
2º
Ter a condición de funcionario/a dalgún dos corpos recollidos no artigo 2.1
deste acordo en 31.12.2024 e contar cunha antigüidade mínima de 5 anos
en 31.12.2024.
3º Cumprir
un dos criterios xerais de avaliación establecidos no artigo 4 deste acordo
en 31.12.2024. A suma de todos os cursos debe consistir nun mínimo
de 4 créditos/40 horas. Ou impartida
para os/as empregados/as públicos/as que impartiran os cursos citados:
10 horas.
ACCESO AO GRAO II
1º Estar
en situación de servizo activo na Administración de xustiza en Galicia (ou en
calquera outra situación administrativa que supoña reserva de praza) no prazo
de presentación de solicitudes.
2º
Posuír, na data de publicación desta convocatoria, o recoñecemento do grao I no
mesmo corpo en que corresponda adquirir o grao extraordinario II. Queda
excluído o persoal que accedese ao grao I na convocatoria extraordinaria de
2024.
3º
Ter a condición de funcionario/a dalgún dos corpos recollidos no artigo 2.1
deste acordo en 31.12.2024 e contar cunha antigüidade mínima de 11 anos
en 31.12.2024.
4º
Cumprir un dos criterios xerais de avaliación establecidos no artigo 4 deste
acordo en 31.12.2024. A suma de todos os cursos debe consistir nun mínimo
de 8 créditos/80 horas (40 horas a maiores das acreditadas para o
recoñecemento do grao I). Ou impartida para os/as empregados/as públicos/as que
impartiran os cursos citados: 20 horas (10 h a maiores das acreditadas
para o recoñecemento do grao I).
ACCESO AO GRAO III
1º
Estar en situación de servizo activo na Administración de xustiza en Galicia
(ou en calquera outra situación administrativa que supoña reserva de praza) no
prazo de presentación de solicitudes.
2º Posuír,
na data de publicación desta convocatoria, o recoñecemento do grao II no mesmo
corpo en que corresponda adquirir o grao extraordinario III. Queda
excluído o persoal que accedese ao grao II na convocatoria extraordinaria de
2024.
3º
Ter a condición de funcionario/a dalgún dos corpos recollidos no artigo 2.1
deste acordo en 31.12.2024 e contar cunha antigüidade mínima de 17 anos
en 31.12.2024, no caso de que o recoñecemento do grao corresponda no corpo
de auxilio xudicial ou no corpo de tramitación procesual e
administrativa.
O ter a condición de funcionario/a dalgún dos corpos
recollidos no artigo 2.1 deste acordo en 31.12.2025 e contar cunha antigüidade
mínima de 17 anos en 31.12.2025, no caso de que o recoñecemento do
grao corresponda nos corpos de medicina forense ou no corpo
de xestión procesual e administrativa.
4º
Cumprir un dos criterios xerais de avaliación establecidos no artigo 4 deste
acordo en 31.12.2024 ou en 31.12.2025, segundo o corpo no cal corresponda o
recoñecemento do grao. A suma de todos os cursos debe consistir nun mínimo
de 12 créditos/120 horas (40 horas a maiores das acreditadas para o
recoñecemento do grao II). Ou impartida: para os/as empregados/as públicos/as
que impartisen os ditos cursos: 30 horas (10 horas a maiores das
acreditadas para o recoñecemento do grao II).
PAGAMENTO GRAOS I e II:
Producirase de maneira progresiva en tres anualidades, con
efectos económicos do 1 de xaneiro de cada ano, coa distribución que se indica:
– En 2025, o 35 %.
– En 2026, o 70 %.
– En 2027, o 100 %.
PAGAMENTO GRAO III:
Producirase de maneira progresiva en tres anualidades, con
efectos económicos do 1 de xaneiro de cada ano, coa distribución que se indica:
• Corpos de tramitación procesual e administrativa e de
auxilio xudicial:
– En 2025, o 35 %.
– En 2026, o 70 %.
– En 2027, o 100 %.
• Corpos de medicina forense e de xestión procesual e
administrativa:
– En 2026, o 35 %.
– En 2027, o 70 %.
– En 2028, o 100 %.
O persoal interino percibirá o complemento da traxectoria
profesional ata o momento do cesamento. De ser nomeado de novo persoal interino
nesta administración, seguirá a cobrar o grao ou graos que tivese recoñecidos.
O prazo máximo para a resolución das solicitudes de
recoñecemento extraordinario dos graos I, II e III da traxectoria
profesional será de 3 meses contado desde a presentación
da solicitude. De non ditarse resolución no dito prazo, a solicitude
entenderase desestimada.
CANTIDADES POR GRAO COMPELTO DA TRAXECTORIA PROFESIONAL
|
A1 Médicos
forenses |
241,63 |
35%
84,57 70% 169,14 100% 241,63 |
|
A2
Xestión procesal e administrativa |
169,10 |
35% 59,18 70% 118,37 100% 169,10 |
|
C1 Tramitación
procesal e admisnitrativa |
109,06 |
35% 38,17 70% 76,34 100%109,06 |
|
C2
Auxilio xudicial |
92,57 |
35% 32,39 70%64,79 100% 92,57 |