martes, 3 de febrero de 2026

Mesa sectorial xustiza sobre implantación dos Tribunais de instancia

Na mesa sectorial de Xustiza que se celebrou hoxe 3 de febreiro do 2026 había dous puntos na orde do día:
1.- Seguimento e avaliación da implantación da Nova Oficina Xudicial en Galicia.
2.- Rogos e preguntas.

Aínda que se nos convocou a unha mesa sectorial, o certo é que non se tratou nengún asunto con carácter decisorio, senón que foi unha xuntanza meramente informativa, na que a DXX nos informou da situación da implantación dos Tribunais de Instancia e as organizacións sindicais lle trasladamos as queixas e os problemas que imos detectando na implantación, tanto nos órganos da fase I como nos da Fase III.

Así, con respecto á fase I, o Director Xeral informou de que xa está rematada a implantación en todas as localidades, salvo en certas excepcións puntuais. Nos di que non queda pendente o nomeamento de interinos nas localidades da fase I. Queda pendente de avanzar na implantación nas Oficinas de Xustiza do Municipio, e nos di o Director Xeral que valoran reformas nas Oficinas de Xustiza do Municipio, incluida a creación de agrupacións de oficinas municipais. Ten a idea tamén de que, onde sexa posible segundo as cargas de traballo, se apoie dende as oficinas municipais ao Rexistro civil da cabeceira do partido.

Con respecto á fase III, nos di que o cronograma que nos fixo chegar onte foi consensuado cos Xuices e os Laj. Segundo o Director Xeral, o día 12 de febreiro estarían listos en todas as localidades os cambios informáticos. Logo comezarán cos cambios de ubicación, coa excepción de Lugo (onde pretenden facer o cambio informático e físico de xeito simultáneo) e Ourense (onde xa están feitos os cambios de ubicación). O Director Xeral di que o 85% dos funcionarios xa teñen os permisos informáticos para traballar, dato que pomos en dúbida á vista do que nos trasladan diariamente os compañeiros. Nos trasladan que o maior problema cos permisos informático está cos permisos a conceder aos funcionarios do corpo de auxilio, porque os LAJ directores non se poñen dacordo con qué permisos se lles teñen que dar aos funcionarios deste corpo.

O Director Xeral recoñece que existe falta de coordinación, desorganización e disfuncións na implantación, pero reparte as culpas entre o Ministerio o CGPJ  e os LAJ.  Mañán estará en Vigo para conocer a situación e explicar o espíritu da norma aos LAJ.

O Director Xeral insiste en que as RPTs non son definitivas e que no 2º ou 3º trimestre deste ano vanse modificar. Un dos cambios que valoran é o de levar a execución da audiencia ao Servizo común de tramitación da audiencia, sacándoa do Servizo común de execución.
Di que non van nomear reforzos ata que estea o novo modelo funcionando plenamente, co pretexto de que, se nombran agora reforzos, non poderían saber qué áreas están infradotadas de persoal. Staj insiste en que xa hai áreas nas que se pode valorar a carga a un mes de empezar, áreas ou servizos nos que xa se aprecia a necesidade de reforzos.

Dende STAJ pomos de manifesto o malestar e enfado dos funcionarios de xustiza coa forma na que se está a levar a cabo esta implantación, principalmente pola carga de traballo totalmente desproporcionada, e polas decisións caprichosas de algúns LAJ directores. Esiximos tamén unha nova regulación da normativa de vacacións, pois a norma actual, que establece porcentaxes segundo corpos, era válida cos antigos xulgados, pero non cos Tribunais de Instancia. Pedimos tamén á DXX que se atendan as reclamacións no escrito presentado por parte do persoal de auxilio xudicial de Ourense.

Nos informan de que están abertos a facer adaptacións ou obras nas oficinas se os Secretarios coordinadores mandan un proxecto concreto.

Informa de que se tratou na comisión mixta da Dirección Xeral co Tribunal Superior de Xustiza de Galiza a instalación de sistemas de videoconferencias nos xulgados comarcalizados, tamén a creación das novas prazas xudiciais e a reactivación das xuntas de expurgo, incluso en expedientes da xurisdición civil. Xa teñen encargada a cartelería, pero á espera de rematar a ubicación física do persoal para instalala.

Informa tamén o Director Xeral do que se tratou na Comisión sectorial co Ministerio de Xustiza. Alí falaron do convenio para a transferencia de ATENEA. Segundo nos di, este programa é máis axil, eficaz e intuitivo que Minerva e ademáis une todas as necesidades no mesmo programa informático. Falaron tamén da supresión do grupo IV (funcionarios dos actuais Oficinas de xustiza municipais) para que pasen a formar parte do grupo III, porque unha vez que as Oficinas de xustiza municipais se integran no Tribunal de Instancia, non ten sentido un salario diferente.

O Director Xeral nos traslada a información con respecto ás 500 prazas de xuiz que pretende crear o Ministerio de Xustiza, das que 19 se van crear en Galicia. A distribución que pretende facer o Ministeiro destes novos xuices, aínda sen confirmar, é a seguinte:
1 na sección 4ª da Audiencia da Coruña
1 na sección 3ª de Pontevedra
4 na Coruña no SCT civil
1 en Ferrol 
1 en Santiago
1 en Ourense
3 en Vigo no SCT civil
1 en Vigo no SCT penal (antigo instrucion 8)
1 na Coruña no SCT penal (antigo instrucion 8)
1 en VSM en Santiago
1 en VSM en Lugo
1 en VSM en Pontevedra
2 en adscripción territorial

Rogos e preguntas:

- A petición de varias organizacións sindicais, a DXX comprométese a incluir os códigos das RPTs na oferta de prazas de interinos.

- Formación: a formación de carácter informático vaise dar a través de AMTEGA, pero nos din que non se vai dar formación xurídica de ningunha clase.

- Teletraballo. Teñen case listo un borrador da nova norma, que nos remitirán este mes.

- Prazas a ofertar en procesos selectivos. Ofrecen a posibilidade de ofertar todas as prazas vacantes susceptibles de ofrecer a procesos selectivos, segundo se vaian desenvolvendo o proceso. O ministerio aínda non solicitou as prazas a ofertar nos procesos de estabilización á DXX.

- Complemento de VSM nas localidades da Fase I. Van valorar que poida certificarse a distintos funcionarios.

- Para elaboarar os informes das comisións de servizo é competente o letrado/a director, o  adxunto/a, ou letrado/a xefe de Área

- Solicitamos que se recuperen as prolongacións de xornada en rexistro e reparto das vilas.

- Pedimos que se cubran as vacantes canto antes.

- Calcula que ATENEA podería estar dispoñible o segundo trimestre deste ano.

- Están a valorar trasladar a oficina de atención ao cidadán de Ourense á planta baixa.

- Non dan data para a apertura da nova bolsa de interinos.

- Substitucións nas ofincinas de xustiza municipal. A DXX é consciente de que a redacción da norma é confusa, pero consideran que un auxilio xudicial non podería facer unha substitución vertical ao corpo de xestión.


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras