Poderá participar nas actividades
formativas convocadas nesta resolución o persoal ao servizo da Administración
pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais do artigo
45.a) da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamiento da
Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia; da
Administración institucional de Galicia; da Administración de xustiza de
Galicia; das entidades locais de Galicia; e o persoal técnico, de xestión e de
administración e servizos; das universidades do SUG, que se encontre en
situación de servizo activo (incluído o persoal que teña concedido un permiso
por motivos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral) e que reúna os
requisitos establecidos nesta convocatoria para cada un dos casos no anexo II.
O prazo de presentación de
solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución
no Diario Oficial de Galicia e ata o 18 de febreiro de 2026.
As solicitudes de participación nas
actividades formativas só se poderán realizar mediante o formulario de
matrícula telemática dispoñible no enderezo
<https://egap.xunta.gal/matricula> desde as 9.00 horas da data de inicio
do prazo de presentación de solicitudes e ata as 14.00 horas da data de
finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete
correctamente o proceso de matriculación.
O número máximo de actividades
formativas que se poden solicitar nesta convocatoria limítase a tres.