miércoles, 11 de febrero de 2026

Convocatoria cursos de linguaxe administrativa e xurídica galega

Hoxe publícase no DOG a RESOLUCIÓN do 10 de febreiro de 2026 pola que se convocan as actividades formativas de linguaxe administrativa e xurídica galega para o persoal ao servizo das distintas administracións da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2026.

Poderá participar nas actividades formativas convocadas nesta resolución o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional de Galicia; da Administración de xustiza; das entidades locais de Galicia; e o persoal técnico, de xestión e de administración e servizos; das universidades do SUG.

O persoal que desexe participar nas actividades formativas convocadas nesta resolución deberá cubrir o formulario de matrícula telemática na páxina web da EGAP <https://egap.xunta.gal/matricula>, non sendo admisibles outras formas de solicitude.

Cada persoa só poderá solicitar un dos cursos convocados.

O prazo de presentación de solicitudes será desde o día da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e ata o 18 de febreiro de 2026.

Os formularios poderán ser obtidos e cubertos en liña desde as 9.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 14.00 horas da data de finalización.

As dúbidas, as dificultades técnicas e mais as solicitudes de información serán atendidas pola EGAP a través dos números de teléfono 981 54 62 57, 981 54 62 54 e 981 54 63 35 en horario de atención ao público (das 9.00 ás 14.00 horas) ou no enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>. 

Os cursos convocados son os seguintes:






STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras