jueves, 26 de febrero de 2026

Comisións de servizo: adxudicacións provisionais

Saíu publicada na Intranet de xustiza e na páxina web da Consellería a adxudicación provisional de postos en comisión de servizos da Administración de Xustiza, da resolución da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se publican as adxudicacións provisionais de postos de traballo entre persoal funcionario dos corpos e escalas ao servizo da Administración de xustiza convocados pola Resolución do 18 de febreiro do 2026.

As persoas interesadas poderán formular reclamacións no prazo de 3 días hábiles contado desde a publicación desta resolución na intranet de Xustiza e mais na web da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes.



STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras