Ante as enormes consecuencias producidas pola infradotación nos que se atopan principalmente as áreas civís dos Servicios Comúns de Tramitación e Execución nas cidades de Pontevedra e Vigo, desde STAJ presentamos escrito a DXX pedindo ampliación de persoal e nomeamento urxente de reforzos para estas áreas.
A implantación dos tribunais de instancia en Galicia ocasionou en xeral unha situación de caos e desorganización. Atopámonos que case dous meses despois da súa implantación, nin os grupos marcados nos protocolos están plenamente operativos nin o que é moito peor, non todos funcionarios que deberon cambiar de posto de traballo por motivo do axuste ou aqueles interinos nomeados contan con acceso a todas as aplicacións que son necesarias para o seu traballo no día a día. Isto inclúe cuestións tan básicas como o acceso aos cartafoles compartidos ou o uso dos impresoras/escáneres. Se xa os cambios e comezos sempre resultan difícil máxime se non se teñen todas as ferramentas necesarias para poder levalo a cabo. Desde ningún punto de vista é aceptable que a finais de febreiro isto non estea finalizado, non servindo como escusa que o CAU está saturado polas peticións, a implantación sabíase desde o ano pasado e tempo dabondo houbo para prever todos estes cambios.
A toda a problemática anterior, debemos sumar a repartición de funcionarios realizado pola DXX nas RPTs entre os distintos servizos comúns. Tanto en Vigo como Pontevedra, isto xerou unha situación crítica que afecta tanto ao Servizo Común de Tramitación civil, como especialmente ao Servizo Común de Execución. Desde STAJ tanto en mesa sectorial como por escrito nas nosas alegacións puxemos de relevo a infradotación existente, máis concretamente, indicamos para Vigo que os 32 funcionarios que finalmente están destinados no SCEX área civil eran de xeito evidente totalmente insuficientes. Doutra banda, era fácil de intuír que si antes había tres funcionarios de media para a execución por xulgado, se o reducimos a algo máis dun, o resultado ía ser nefasto. Os escasos dous meses de funcionamento do tribunal de instancia en Vigo e Pontevedra, non fixo se non, darnos a razón, en tramitación área civil xa se poden observar problemas e atrasos, pero na execución civil vaise literalmente ao colapso.
Á problemática da sobrecarga de traballo como consecuencia desta infradotación dos servizos comúns e áreas, súmaselle a próxima ampliación de prazas xudiciais. Para Pontevedra correspóndenlle unha praza na sección terceira da audiencia provincial e unha para a sección de violencia sobre a muller, mentres que en Vigo, correspóndenlle tres novas parazas para a sección civil e unha para a sección instrución. Se a estes novos maxistrados non se lles acompañan de novos funcionarios, conséguese xustamente o efecto contrario ao pretendido, máis resolucións para tramitar e executar e menos funcionarios proporcionalmente para levalos a termo.
Por todo o anteriormente indicado, desde STAJ solicitamos que de maneira urxente e mentres non se proceda a unha revisión integral das RPTs dirixida a ampliación de persoal e que se proceda ao nomeamento urxente de funcionarios de reforzo que vaian destinados ás áreas civís do servizo común de tramitación e execución.
Xustificante de presentación
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras