Coa implantación dos Tribunais de Instancia estanse a producir desaxustes que dificultan e entorpecen o traballo do día a día de xeito totalmente innecesario.
Entre estas incidencias está que seguen en funcionamento tantas contas en correos para preparar o correo postal como antigos xulgados, cando actualmente o que existen son áreas e servizos comúns. Isto obriga ao persoal que prepara o correo para varios dos que antes eran xulgados a identificarse e acceder e saír moitas veces á paxina web de correos. Desta forma, en lugar de axilizar o taballo, estase a entorpecer sen necesidade, polo que solicitamos á DXX que reorganice os contratos con Correos para facilitar o traballo de preparación do correo postal e a descarga das probas electrónicas de envío.
Por outra banda, hai áreas ou equipos, como pode ser o equipo de subastas, que precisan de contas de correo electrónico propias para o seguemento axeitado dos seus asuntos, o cal tamén solicitamos dende STAJ.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras