martes, 3 de febrero de 2026

Campaña de vixilancia períodica de saúde para o ano 2026

Hoxe publicase no DOG a RESOLUCIÓN do 19 de xaneiro de 2026, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, pola que se dá publicidade á campaña da vixilancia periódica da saúde para o ano 2026 no ámbito da Administración xeral da Xunta de Galicia.

A persoa funcionaria que vaia solicitar a prolongación no servizo activo, ou a súa prórroga, de acordo co establecido no artigo 3 da Orde do 7 de xaneiro de 2013, pola que se regula o procedemento de autorización da prolongación da permanencia no servizo activo, poderá solicitar a realización do recoñecemento médico para a obtención do certificado de aptitude médico laboral que, en todo caso, deberá estar vixente no momento da solicitude da prolongación da permanencia no servizo activo.

A inscrición previa realizarase de forma telemática no formulario de petición de recoñecemento, que está dispoñible no Portax (Portal do empregado público da Xunta de Galicia) ou do Opax (Oficina virtual do persoal da Administración de xustiza).


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras