A DXX acaba de remitirnos a orde do día dos temas a tratar para a mesa sectorial de xustiza que terá o vindeiro martes, dia 18 de novembro.
1. Proposta de convocatoria extraordinaria da traxectoria profesional. Decisorio.
No borrador remitido apreciamos cambios con respecto á anterior normativa, reducindo o prazo a 3 anos e non a 4 con unhas porcentaxes de cobro do 33%, 66% ata chegar ao 100% no 2027 ou 2028 dependendo do grao ao que se acceda ou o corpo. Tamén se reduce o número de horas de 100 a 40 no grao III.
3. Proposta de ampliación do período de vacacións e permisos. Decisorio.
O borrador propón a ampliación do disfrute das vacacións e días de asuntos propios ata o 31 de marzo de 2026 para todo o persoal destinado nas cidades de A Coruña, Lugo, Pontevedra, Ourense, Santiago, Vigo e Ferrol (fase III).
No borrador, esta ampliación non se aplica ao persoal con destino nas vilas afectadas pola implantación da fase I e ao persoal xulgados de paz que estén afectados pola implantación dos tribunais de instancia da Fase III.
4. Proposta de adaptación da normativa á nova estrutura xudicial. Informativo.
Pendiente do seu estudio pormenorizado, algunhas das reformas que se propoñen son as seguintes:
1. Actualización da normativa que regula o Complemento de Violencia sobre a Muller
A normativa proposta para reformar sería de aplicacións ao persoal destinado nos seguintes servizos comúns:
a. Servizo común que corresponda en localidades con Tribunais de Instancia con seccións
de violencia sobre a muller, segundo o disposto na relación de postos de traballo.
b. Servizo común que corresponda en localidades con Tribunais de Instancia con seccións de instrución con especialización en violencia sobre a muller, segundo o disposto na relación de postos de traballo.
c. Servizo común de tramitación do Tribunal de Instancia dos partidos xudiciais da Fase I que asumen a materia de violencia sobre a muller, no caso de que incoasen 75 dilixencias na materia no ano anterior. O persoal funcionario que poderá recibir este complemento será o persoal que desenvolva as súas funcións dentro do grupo de penal (procedemento penal, procedemento e execución penal e/ou execución civil e penal), de conformidade co disposto no correspondente protocolo de actuación, quedando en todo caso supeditado aos límites establecidos no Anexo I. Neste caso será precisa a certificación da dirección do servizo común de tramitación en relación á composición do grupo funcional correspondente.
Retribución económica proposta para todo o persoal anterior:
a. 115,83 €/mes
b. 86,89 €/mes
c. 57,92 €/mes
2. Normativa sobre comisións de servizo e substitucións.
Farase noticia aparte coas modificacións propostas. Deixamos aquí o borrador remitido de ambas normativas.
3. Normativa de quendas das oficinas de Rexistro Civil da Coruña, Vigo, Santiago de Compostela, Ferrol, Lugo, Ourense e Pontevedra
Algunha das propostas son as seguintes, entre outras, das que unha vez analizado o texto, informaremos máis en detalle:
Número de funcionarios/as do servizo en xornada vespertina de luns a venres e sábados pola mañá:
A Coruña 3
Vigo 3
Ferrol 2
Santiago de Compostela 2
Lugo 2
Ourense 2
Pontevedra 2
O número máximo de integrantes das quendas corresponderá co número de persoas que
integren o cadro de persoal das oficinas xerais do rexistro civil da Coruña, Vigo, Santiago
de Compostela, Ferrol, Lugo, Ourense e Pontevedra.
Artigo 3.-Xornada e horario incentivado
A xornada nestas oficinas realizarase mediante a presenza obrigada do persoal entre as
9.00 e as 14.30 horas de luns a venres, debendo cumprir ademais sete horas e media
semanais que se prestarán, en quendas, de luns a venres de 14.30 a 18.00 horas e os sábados de 10.00 a 13.00 horas.
5. Rogos e Preguntas.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras