jueves, 13 de noviembre de 2025

Sen a firma de Madrid, as consecuencias serían demoledoras

Ante a nota informativa que a semana pasada difundiu o sindicato SPJ-USO, na que nos culpa de tódolos males e da perda de dereitos por mor do proceso de cambio que trae consigo a nova organización en Tribunais de Instancia, aos sindicatos que asinamos o Acordo de xaneiro de 2025, asinado por CSIF, STAJ, UGT e CIG, queremos facer as seguintes apreciacións:

1.- O cambio do modelo actual ao de Tribunais de instancia foi unha decisión política sen intervención sindical, plasmada nunha Lei Orgánica e propiciada por Europa con miles de millóns de euros, que STAJ nin pediu, nin apoia, nin defende, e na que non tivemos intervención ningunha, pois non se permitiu a súa negociación sindical, salvo as alegacións que fixemos na súa contra no trámite de audiencia e que non tiveron en conta. Solo houbo negociación cos partidos políticos que a votaron nas Cortes.

2.- Ese Acordo, que despois se recolle no texto da Lei,  permitiu que esa única oficina por localidade, un solo destino, que se recollía no proxecto da Lei se puidese dividir en Áreas e en Equipos estruturais, podendo contar con moitos mais destinos que un por localidade que era o que se pretendía polo Ministerio.

3.- Nese Acordo impúxose a obriga de negociar as RPT e o resto de normativa que desenvolvía o proceso de cambio nas Comunidades Autónomas, pois no proxecto de lei, non se negociaba nada e se  decidía unilateralmente polo Ministerio ou as CCAA. 

Esa obriga de negociar, plasmada no Acordo e despois no texto Lei de Eficiencia,  as RPT e o resto de normativa, foi a que posibilitou que en Galicia se acordase unha suba salarial, suba que a Xunta non estaba disposta a asumir e que solo ante a negativa sindical de negociar accedeu a afrontar os 225 euros que coñecemos todos. Por certo, en tódalas negociacións, grazas ao Acordo, puido estar presente o sindicato SPJ-USO, xa que si non se negociasen nas CCAA este sindicato non ten representación para estar na Mesa do Ministerio.

4.- A ninguén nos gusta a normativa que sacou a Xunta, que apenas acolle propostas sindicais,  de mellora. Non nos gusta a normativa que regula as RPT, nin a que regula o acceso a postos de xefaturas, nin os de libre designación e moito menos a que deseña e estrutura da oficina en Áreas e Equipos, xa que dividiu o menos posible e deixou Areas onde se levan asuntos das 4 xurisdiccións mezcladas e non fixo equipos estructurais que determinasen destinos diferenciados por xuridicción ou materia como se fixeron noutros territorios. 

En todo no que a Xunta negociou, por obriga do Acordo asinado en Madrid, estivo presente  SPJ-USO como “sindicato maioritario na xustiza galega”, polo que tivo, ao igual co resto de sindicatos, oportunidade de mellorar cousas en Galicia, e iso solo grazas ao acordo asinado en Madrid polos 4 sindicatos.

En definitiva, o Acordo de Madrid asinado por CSIF, STAJ, UGT e CIG amortiguou moitas das cousas malas que trae o cambio de organización, aínda así se leva por diante moitos dereitos, pero grazas a el se puido manter outros, como os retributivos e conseguir a suba salarial en Galicia,   posibilitando a división da única oficina que se contemplaba de inicio en Areas e Equipos estruturais, pese que a Xunta optou por unha división mínima, cousa que non puidemos evitar ningún sindicato con representación en Galicia que foi onde se negociou, e aínda que pareza mentira, tampouco o “maioritario na xustiza galega”.

  



STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras