lunes, 17 de noviembre de 2025

EGAP: Webinario "Tres cuestións sobre contratación pública".

No Dog de hoxe publícase a resolución do 10 de novembro de 2025 pola que se convoca o webinario Tres cuestións sobre contratación pública.

Persoas destinatarias:

Esta actividade está dirixida ao persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración autonómica galega, das súas entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; da Administración local, da Administración de xustiza e das universidades do Sistema universitario de Galicia, así como a xuristas, profesionais, alumnado universitario e persoas interesadas en xeral.

Data: martes 25 de novembro de 2025.

Modo de impartición: telepresenza.

Horario: das 12.30 ás 14.30 horas.

Duración: 2 horas lectivas.

Número de prazas: Cen (100).

Inscrición: As solicitudes de participación nesta actividade formativa só se poderán realizar mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula>.

O prazo para a inscrición permanecerá aberto desde as 9.00 horas do primeiro día hábil seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata as 23.59 horas do día 23 de novembro de 2025.

Poderá obterse calquera outra información a través do correo electrónico novas.egap@xunta.gal ou, das 9.00 ás 14.00 horas, nos teléfonos 981 54 62 39 e 981 54 62 41.

Ver DOG 

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras