No DOG de hoxe publícase a resolución do 25 de setembro de 2025 pola que se convoca o curso monográfico “A regulación da intelixencia artificial: sistemas e datos. Regulación da normativa europea, estatal e autonómica.”
Esta actividade está dirixida ao persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración autonómica galega, das súas entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; da Administración local; da Administración de xustiza; das universidades do Sistema universitario de Galicia; xuristas, profesionais, alumnado universitario e persoas interesadas en xeral.
Datas: 16 e 17 de outubro de 2025.
Modalidade: presencial.
Horario: de tarde o día 16 e de mañá o día 17.
Horas lectivas: 9.
Lugar: Escola Galega de Administración Pública (EGAP); rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela.
Número de prazas limitado á capacidade do local.
Inscrición:
As solicitudes de participación nesta actividade formativa só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula>. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.
O prazo para a inscrición permanecerá aberto desde as 9.00 horas do primeiro día hábil seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata as 23.59 horas do día 13 de outubro de 2025.
Poderá obterse calquera outra información a través do correo electrónico <novas.egap@xunta.gal> ou, en horario das 9.00 ás 14.00 horas, nos teléfonos 981 54 62 41 e 981 54 63 42.