Hoxe publicouse no BOE a resolución que regula a convocatoria do .concurso específico para as diferentes xefaturas na CC.AA de Aragón. Dispoñen dunhas bases moito máis claras, obxectivas e transparentes que o concurso que lla Xunta decidiu aprobar sen negociación presencial, baseándose unicamente na remisión de escritos por parte das diferentes Organizacións Sindicais, que non foi en ningún caso tidos en conta.
No caso de Aragón, ademais de existir máis postos específicos singularizados, o baremo dos cursos é en base ao número de horas de realización, como debería de ser tamén na resolución de Galicia. Tense en conta a experiencia dunha maneira moito máis obxectiva, puntuándose en relación ao número de días de servizo. En Galicia, unicamente establécense unhas puntuacións relativas entre 1 a 12 puntos máximos sen especificar ningún criterio que estableza como se van a levar a cabo esa selección, quedando todo en mans da Comisión de Valoración, sendo un proceso totalmente subxectivo e sen transparencia.
Deixámosvos unha comparativa entre ARAGÓN E GALICIA
ARAGÓN
Posto: Auxilio Judicial – SCG – Jefe de equipo
Titulacións xerais en Dereito: 12 puntos.
– Doutoramento en Dereito: 4 puntos.
– Outras titulacións oficiais de posgraduado en Dereito: 3 puntos.
– Licenciatura ou Grao en Dereito: 8 puntos.
– Diplomatura en Dereito: 4 puntos.
Non se valorará a Diplomatura en Dereito no caso de que se valore a Licenciatura ou Grao en Dereito.
Outras titulacións relacionadas coa Administración de Xustiza: 6 puntos.
– Licenciatura ou Grao: 6 puntos.
– Diplomatura: 3 puntos.
En caso de concorrer Licenciatura ou Grao e Diplomatura na mesma materia, unicamente valorarase a titulación de maior nivel que se alegue e estea debidamente acreditada.
Coñecementos en Informática: 12 puntos.
– Licenciatura ou Grao en informática: 6 puntos.
– Diplomatura en informática: 4 puntos.
– Título de Formación Profesional de Técnico Superior, especialidade informática: 3 puntos.
– Título de Formación Profesional de Técnico, especialidade informática: 2,5 puntos.
– Curso de máis 100 horas lectivas: 1,5 puntos.
– Curso de 60 a 100 horas lectivas: 1 punto.
– Curso de 40 a 59 horas lectivas: 0,50 puntos.
– Curso de 15 a 39 horas lectivas: 0,25 puntos.
– Cursos inferiores a 15 horas lectivas de duración ou nos que non se acrediten as horas de duración, valoraranse con 0,10 puntos. C
ursos con aproveitamento: engadir 0,10 a cada curso (exemplo: curso de 40 horas con aproveitamento: 0,60 puntos; sen aproveitamento: 0,50 puntos).
Cursos de Transformación Dixital e Ciberseguridade: increméntase puntuación indicada anteriormente nun cincuenta por cento (exemplo: curso de transformación dixital de 70 horas sen aproveitamento: 1,5 puntos).
Posto: Tramitación – SCT TI. Xefe de equipo
Titulacións xerais en Dereito: 5 puntos.
– Doutoramento en Dereito: 2 puntos.
– Outras titulacións oficiais de posgraduado en Dereito: 1 punto.
– Licenciatura ou Grao en Dereito: 3 puntos.
– Diplomatura en Dereito: 1,5 puntos.
Non se valorará a Diplomatura en Dereito no caso de que se valore a Licenciatura ou Grao en Dereito.
Outras titulacións relacionadas coa Administración de Xustiza: 2 puntos.
– Licenciatura ou Grao: 2 puntos.
– Diplomatura: 1 punto.
Coñecementos en Dereito Procesual Civil: 3 puntos.
– Master ou outras titulacións de posgraduado relacionadas co Dereito Procesual Civil: 1 punto.
– Superar materias de Dereito Procesual Civil: 0,70 puntos. – Curso de máis 100 horas lectivas: 0,70 puntos.
– Curso de 60 a 100 horas lectivas: 0,50 puntos.
– Curso de 40 a 59 horas lectivas: 0,40 puntos.
– Curso de 15 a 39 horas lectivas: 0,30 puntos.
– Cursos inferiores a 15 horas lectivas de duración ou nos que non se acrediten as horas de duración, valoraranse con 0,10 puntos.
– Realización de relatorios en materia de Dereito Procesual Civil: 0,15 puntos.
Cursos con aproveitamento: engadir 0,10 a cada curso (exemplo: curso de 40 horas con aproveitamento: 0,50 puntos; sen aproveitamento: 0,40 puntos).
Impartición do curso: increméntase a puntuación correspondente nun 100 % (exemplo: por impartir un curso de Dereito Procesual Civil de 75 horas lectivas, 1 punto.
Experiencia na orde xurisdicional civil, penal, Familia, Mercantil, social, no últimos dez anos: de 3 a 6 puntos por orde.
Valórase a experiencia nas diferentes ordes xurisdicionais nos últimos 10 anos. Puntuarase a razón de 0,00555556 puntos por día.
Coñecementos en Dereito Procesual Penal: 3 puntos.
Valorarase do mesmo xeito que o mérito de coñecementos en Dereito Procesual Civil, pero en Dereito Procesual Penal.
Coñecementos en Dereito Mercantil: 2 puntos. Valorarase do mesmo xeito que o mérito de coñecementos en Dereito Procesual Civil, pero en Dereito Mercantil.
Coñecementos en Dereito de Familia: 1,5 puntos.
Valorarase do mesmo xeito que o mérito de coñecementos en Dereito Procesual Civil, pero en Dereito de Familia. Non se puntuarán os méritos que xa fosen puntuados no mérito de coñecementos en Dereito Procesual Civil.
Coñecementos en Informática: 4 puntos.
– Licenciatura ou Grao en informática: 2,5 puntos.
– Diplomatura en informática: 2 puntos.
– Título de Formación Profesional de Técnico Superior, especialidade informática: 1,5 puntos. – Título de Formación Profesional de Técnico, especialidade informática: 1 punto.
– Curso de máis 100 horas lectivas: 0,75 puntos.
– Curso de 60 a 100 horas lectivas: 0,50 puntos.
– Curso de 40 a 59 horas lectivas: 0,25 puntos.
– Curso de 15 a 39 horas lectivas: 0,15 puntos.
– Cursos inferiores a 15 horas lectivas de duración ou nos que non se acrediten as horas de duración, valoraranse con 0,10 puntos.
Cursos con aproveitamento: engadir 0,10 a cada curso (exemplo: curso de 40 horas con aproveitamento: 0,35 puntos; sen aproveitamento: 0,35 puntos).
Cursos de Transformación Dixital e Ciberseguridade: increméntase puntuación indicada anteriormente nun cincuenta por cento (exemplo: curso de transformación dixital de 70 horas sen aproveitamento: 0,75 puntos).
Impartición do curso: increméntase a puntuación correspondente nun 100 % (exemplo: por impartir un curso de informática de 75 horas lectivas, 1 punto).
Coñecementos en Dereito Foral Aragonés: 1,5 puntos.
Valorarase do mesmo xeito que o mérito de coñecementos en Dereito Procesual Civil, pero en Dereito Foral Aragonés. Non se puntuarán os méritos que xa fosen puntuados no mérito de coñecementos en Dereito de Familia.
Non se puntuarán os méritos que xa fosen puntuados no mérito de coñecementos en Dereito Procesual Civil.
Posto: Xestión – SCT TSXA. Xefe de equipo
Titulacións xerais en Dereito: 5 puntos.
– Doutoramento en Dereito: 2 puntos.
– Outras titulacións oficiais de posgraduado en Dereito: 1 punto.
– Licenciatura ou Grao en Dereito: 3 puntos.
– Diplomatura en Dereito: 1,5 puntos.
Non se valorará a Diplomatura en Dereito no caso de que se valore a Licenciatura ou Grao en Dereito.
Outras titulacións relacionadas coa Administración de Xustiza: 2 puntos.
– Licenciatura ou Grao: 2 puntos.
– Diplomatura: 1 punto.
En caso de concorrer Licenciatura ou Grao e Diplomatura na mesma materia, unicamente valorarase a titulación de maior nivel que se alegue e estea debidamente acreditada.
Coñecementos en Dereito Procesual Civil: 2 puntos.
– Master ou outras titulacións de posgraduado relacionadas co Dereito Procesual Civil: 1 punto. – Superar materias de Dereito Procesual Civil: 0,70 puntos.
– Curso de máis 100 horas lectivas: 0,70 puntos.
– Curso de 60 a 100 horas lectivas: 0,50 puntos.
– Curso de 40 a 59 horas lectivas: 0,40 punto.
– Curso de 15 a 39 horas lectivas: 0,30 puntos.
– Cursos inferiores a 15 horas lectivas de duración ou nos que non se acrediten as horas de duración, valoraranse con 0,10 puntos.
– Realización de relatorios en materia de Dereito Procesual Civil: 0,15 puntos.
Cursos con aproveitamento: engadir 0,10 a cada curso (exemplo: curso de 40 horas con aproveitamento: 0,50 puntos; sen aproveitamento: 0,40 puntos).
Impartición do curso: increméntase a puntuación correspondente nun 100 % (exemplo: por impartir un curso de Dereito Procesual Civil de 75 horas lectivas, 1 punto).
Coñecementos en Dereito Procesual Penal: 2 puntos.
Valorarase do mesmo xeito que o mérito de coñecementos en Dereito Procesual Civil, pero en Dereito Procesual Penal.
Coñecementos en Dereito Procesual Contencioso-Administrativo: 2 puntos.
Valorarase do mesmo xeito que o mérito de coñecementos en Dereito Procesual Civil, pero en Dereito Procesual Contencioso-Administrativo.
Coñecementos en Dereito Procesual Social: 2 puntos.
Coñecementos en Dereito de Familia: 1 punto.
Coñecementos en Dereito Foral Aragonés: 1 punto.
Experiencia na orde xurisdicional civil, penal, social, familia, contencioso no últimos dez anos: de 4 a 6 puntos por orde.
Puntuarase a razón de 0,00555556 puntos por día.
Os servizos prestados nos Xulgados de Primeira Instancia e Instrución só se valorarán nun dos seguintes méritos: experiencia na orde xurisdicional civil ou experiencia na orde xurisdicional penal. Con todo, en caso de superarse a puntuación máxima posible nun dos dous méritos, o exceso valorarase no outro.
Os servizos prestados na Sección Civil, Social e Contencioso-Administrativa dos Servizos Comúns Procesuais de Ordenación do Procedemento ou de Execución só valoraranse nun dos seguintes méritos: experiencia na orde xurisdicional civil, experiencia na orde xurisdicional contenciosa-administrativo, experiencia na orde xurisdicional social ou experiencia na orde xurisdicional civil, materia Familia e Capacidade. Con todo, en caso de superarse a puntuación máxima posible nun dos méritos, o exceso valorarase nos seguintes de forma sucesiva.
Coñecementos en Informática: 4 puntos.
– Licenciatura ou Grao en informática: 2,5 puntos.
– Diplomatura en informática: 2 puntos.
– Título de Formación Profesional de Técnico Superior, especialidade informática: 1,5 puntos.
– Título de Formación Profesional de Técnico, especialidade informática: 1 punto.