Se ha publcado en la página web del Ministerio de Justicia, en relación al proceso selectivo de Auxilio Judicial, acceso libre, Orden PJC/1437/2024, de 3 de diciembre (BOE de 19 de diciembre), las normas para los ejercicios y las sedes de examen:
SEDES DE EXAMEN AUXILIO JUDICIAL – ORDEN PJC/1437/2024, de 3 de diciembre
Sedes de examen del proceso Orden PJC/1437/2024, de 3 de diciembre, de Auxilio Judicial, turno libre.
Fecha de examen: 27-9-2025
Hora de llamamiento: 9:00 horas (8:00 horas en Canarias)
No podrán entrar en el lugar de examen los familiares ni acompañantes, los cuales permanecerán fuera de la Facultad o edificio.
No se expondrán listas físicas en el lugar de examen, ya que dichas listas se publican en la web del Ministerio, por lo que los opositores deberán comprobar y anotar el aula que les corresponde.
No se realizará llamamiento en voz alta, por lo que los opositores irán entrando en el aula y un vigilante comprobará el DNI y marcará en la lista.
Está terminantemente prohibido usar teléfonos móviles, relojes inteligentes o cualquier otro dispositivo electrónico, por lo que se recomienda no llevarlos el día del examen.
No se pueden usar tapones para los oídos ni audífonos (salvo acreditación de su necesidad).
Deben llevar bolígrafo negro o azul y el DNI o pasaporte en vigor.
Para los aspirantes que se presenten por el ámbito territorial de Galicia, desde la Dirección Xeral de Xustiza nos envían la siguiente información, que coincide con lo publicado en la web del Ministerio, si bien con información más detallada:
As probas do ámbito territorial de Galicia do 27.09.2025, ao Corpo de Auxilio Xudicial, terán lugar en SANTIAGO DE COMPOSTELA, que se corresponde coa sede (provincia) da Coruña, na Facultade de Dereito da USC (Avda./ Dr. Ángel Echeverri, s/n, 15782 Santiago de Compostela).
Os membros do Tribunal Delegado estarán nunha sala habilitada xunto a conserxería.
As probas desenvolveranse da seguinte forma:
1. Apertura das portas ás 8:30 h. NON ESTÁ PERMITIDO O ACCESO ÁS FACULDADES DE ACOMPAÑANTES DO PERSOAL OPOSITOR, que deberán permanecer fóra.
2. A partir das 9:00 h, quen o desexe, pode comezar a entrar na aula para o que debe ter preparado o DNI. QUEN ACCEDA Á AULA NON A PODERÁ ABANDONAR SALVO CAUSA XUSTIFICADA.
3. Entre as 9:30 h e as 10:00 h, lectura das instrucións particulares e apertura das caixas de exame por parte do Tribunal Delegado. Solicitarase para proceder á apertura que dúas persoas opositoras voluntarias comproben que as caixas están precitadas.
4. A partir das 10:00 h comezará o primeiro exercicio.
IMPORTANTE! A hora de comezo é aproximada xa que deben estar todas as sedes preparadas. O exame comeza ao mesmo tempo en todo o territorio do Estado. Prégase que o persoal opositor o teña en conta porque non estará permitido saír da aula unha vez sentado, salvo por causa de forza maior.
Non se poderá abandonar a aula durante os primeiros 10 minutos nin durante os 10 últimos minutos do exercicio.
Ao celebrarse todos os exercicios de forma continuada, se un opositor abandona un exercicio non poderá presentarse aos seguintes se sae da aula.
Non haberá descanso entre os exercicios ao entenderse as distintas probas como un acto único.
5. Segundo exercicio. Non se poderá abandonar a aula durante os primeiros 10 minutos nin durante os 10 últimos minutos do exercicio.
6. Finalización das probas. Un dos vixiantes separará a última folla “copia del opositor”, que se lle entregará a persoa que realizou o exame e o resto das follas de resposta serán recollidas polo persoal de vixilancia.
Non se poderá abandonar a aula ata que sexa indicado polo responsable da aula.
MATERIAL NECESARIO:
- DNI e bolígrafo negro ou azul
QUEDA PROHIBIDO:
- A presenza de acompañantes dentro das facultades durante o desenvolvemento das probas salvo necesidades especiais puntuais.
- O emprego de AUDÍFONOS salvo xustificación da necesidade.
- O emprego de TAPÓNS para mitigar os ruídos.
- Levar o cuestionario de preguntas antes de finalizar o último exercicio.
- Os teléfonos móbiles e reloxos intelixentes deben estar apagados e gardados, nunca encima da mesa. Se durante o desenvolvemento da proba sona algún dispositivo, a persoa opositora será, en todo caso, expulsada da proba.
OUTRAS CUESTIÓNS DE INTERESE
1. PUBLICACIÓN DAS PLANTILLAS. O Ministerio de Xustiza publicará a plantilla provisional de respostas no prazo de 72 horas, e os resultados do exame na páxina web.
2. CERTIFICADO DE ASISTENCIA. Quen necesite certificado de asistencia para o mesmo día das probas debe comunicarllo aos vixilantes dentro da aula, facilitando o DNI para facer o certificado. O resto de certificados de asistencia colgaranse na web do Ministerio 10 días despois da publicación da lista de aprobados.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras