jueves, 7 de agosto de 2025

STAJ solicita a instalación de aire acondicionado para os Xulgados de Pontevedra

STAJ presenta escrito á Dirección Xeral de Xustiza dado que o edificio da Audiencia, e o edificio vello da Parda en Pontevedra non contan con instalación de aire acondicionado, e os funcionarios destinados nos mesmos están a sufrir ondas de calor insoportábeis, que fan difícil facer a súa labor diaria.

Desde hai uns anos as ondas de calor en Galicia non só son máis frecuentes senon que duran máis tempo. Este ano en concreto tivemos ondas de calor en xuño, en xullo e agora en agosto, con temperaturas altísimas en toda a comunidade, mesmo nas cidades da  costa sobre todo nas Rías Baixas. As oficinas xudiciais sitas en edificio antigo da Parda en Pontevedra e as sitas en Audiencia Provincial non dispoñen de aire acondicionado, causa que si se dispon no edificio novo.

Nesas oficinas, a partir de media mañá, alcánzanse a diario máis de 30 graos, coa imposibilidade de abrir as xanelas porque en moitas délas entra o sol de forma directa, ou créanse fortes correntes que fan voar os papéis sobre a mesa e o risco de que se abren ou se pechan repentinamente as ventas podendo golpear, como xa pasou, aos funcionarios que están próximos a elas.

A solución que ata o momento achega a Xunta foi mandar uns cuantos ventiladores, e como son insuficientes en moitos casos os ventiladores achégaos directamente o propia funcionario, e vemos estampas coma que nalgunhas oficinas os ventiladores utilizan por quendas entre os funcionarios, noutros casos ante insoportable calor os funcionarios refréscanse saíndo da oficina durante períodos curtos.

Todo isto está a crear un problema para desenvolver o traballo de forma segura e cómoda e en condicións que non xenren riscos para a saúde dos empregados públicos, como casos de   mareos, vómitos e desmaios, que se repiten con frecuencia, o que están a xerar alarma, ante a pasividade da Administración á que me dirixo que coñecedora do problema non fíxo nada aínda para soluciónalo definitivamente, pois os ventiladores non són a solución

Estamos a xogar coa saúde e o benestar dos empregados públicos, e o ano que vén STAJ tomará, xa ao comezo do verán, todas as medidas ao seu alcance para obrigar á Administración a manter as oficinas xudiciais en condicións óptimas para desenvolver a traballo e para protexer a saúde dos funcioanarios.

Desde STAJ cremos que a solucián definitiva é a instalación de aparellos de aire acondicionado en cada unha das oficinas e despachos tanto do edificio vello da Parda como da Audiencia Provincial, e polo tanto solicitamos que adopte esa solución, que entendemos debe de tomarse de inmediato para que chegado o verán do ano que vén non haxa nin despachos nin oficinas sen o correspondente aparello de aire acondicionado.

STAJ presentou á Dirección Xeral de Xusatriza o seguinte escrito: SOLICITUDE





STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras