miércoles, 13 de agosto de 2025

Listaxe definitiva admitidos e excluídos bolsa interinos médicos forenses

A DXX remitiunos un email informando de que está previsto que ó longo do día de hoxe se publique na intranet de Xustiza e mais na páxina web da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes a Resolución do 13 de agosto do 2025 da Dirección Xeral de Xustiza pola que se aproba a listaxe definitiva coas novas persoas admitidas e excluídas das bolsas de persoal interino do corpo de médicos forenses ao servizo da Administración de Xustiza convocadas pola Orde da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes do 2 de setembro de 2024.

A listaxe poderá consultarse tamén a través da OPAX http://opax.xunta.es, seguindo a ruta "Bolsa de interinos > Listaxes"




STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras