miércoles, 7 de mayo de 2025

RPT,s das oficinas de xusticia fase I, Rexistro Civil fase I e municipios de Galicia. Publicación no DOG

Hoxe publícase no DOG a RESOLUCIÓN do 23 de abril de 2025, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se aproba a relación de postos de traballo das oficinas de xustiza nos municipios de Galicia.

VER DOG

Hoxe publícase no DOG a RESOLUCIÓN do 23 de abril de 2025, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se aproba a relación de postos de traballo das oficinas de xustiza, fase I.

VER DOG

Hoxe publícase no DOG a RESOLUCIÓN do 23 de abril de 2025, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se aproba a relación de postos de traballo das oficinas xerais do Rexistro Civil, fase I.

VER DOG


A DXX publicou o borrador que nos pasou hai días sin modificacións nas rpt,s, dende STAJ manifestamos que non estamos de acordo con estas rpt,s, xa que non se tivo en conta ningunha das alegacións feitas por este sindicato, polo que recurriremos ditas rpt,s por falta de negociación e por non estar conformes.

Alegacións feitas por STAJ:

OFICINAS DE XUSTIZA DO MUNICIPIO

O persoal da oficina de xustiza no Municipio NON debería compatibilizar en ningún caso coa oficina xudicial para evitar as arbitrariedades nas asignacións de funcións a este persoal que nun inicio non se poden desenvolver pola escasez de medios persoais e materiais. Esa compatibilidade decidese sen  facer un estudio da carga de traballo, NON SOLO A QUE XA TEÑEN, TAMÉN A QUE VAN A ASUMIR COAS NOVAS FUNCIÓNS E TAREFAS ENCOMENDADAS. Cremos un erro que a DXX considerase que TODO  o persoal das oficinas municipais de Galicia está en condicións  de facer traballos encomedados polo tribunal de instancia do seu partido xudicial, cando sabemos que a posibilidade de compatibilizar debe ser a excepción e non a regla xeral.

Dende STAJ non estamos de acordo coas RPT nas OFICINAS DE XUSTIZA DO MUNICIPIO porque ésta colabora coa asignación de funcións  con criterios arbitrarios e non se ten en conta o caso concreto e excepcional no que debería consistir unha compatibilidade, comprometendo a calidade do servizo prestado por estas oficinas coa decisión de compatibilizar como regra xeral.

 SEGUNDO. OFICINAS XERAIS DE REXISTRO CIVIL

A compatibilización indiscriminada do persoal destinado nas Oficinas de Rexistro Civil (xestión e tramitación) coa Oficina de Xustiza. 

Dende STAJ consideramos que  pola plantilla que teñen os partidos xudiciais con 2, 3 e 4 Xulgados é factible e recomendable que nas RPT unha persoa teña destino orgánico e funcional en exclusiva na Oficina de Rexistro Civil e a outra persoa con destino na Oficina de Rexistro Civil compatibilice de forma puntual, controlada e con transparencia as funcións coa Oficina de Xustiza.  Ainda que valoramos positivamente a exclusión do persoal de auxilio nos partidos xudiciais de 2, 3 e 4 prazas xudiciais, dende STAJ non podemos estar de acordo cunha compatibilización indiscriminada sen criterio algún en partidos xudiciais onde hai persoal suficiente para destinar en exclusiva a lo menos unha praza no Rexistro Civil. 

3.     Dende STAJ vemos un erro que non existan postos singularizados,   que consideramos necesarios manter e que se deben impulsar como un elemento eficaz e modernizador da Administración de Xustiza, con esta decisión sen fundamentar, Galicia pode ser a única Comunidade Autónoma que non contemple esta clase de postos para a Fase I.

Por todo o exposto, dende STAJ non estamos de acordó coas RPT de OFICINAS DE XUSTIZA FASE I tal como están nesta resolución.


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras