Hoxe
publícase no DOG a RESOLUCIÓN do 23 de abril de 2025, da Dirección Xeral de
Xustiza, pola que se acorda o deseño e a estrutura da oficina xudicial para os
tribunais de instancia e os tribunais colexiados, de conformidade coas
previsións contidas na Lei orgánica 1/2025, do 2 de xaneiro, de medidas en
materia de eficiencia do servizo público de xustiza.
A única modificación que se produxo con respecto ao borrador que nos mandaron hai días e que no Servizo común de tramitación do Tribunal de Instancia de A Coruña e Vigo, que estaba dividido en 3 áreas:
1- Área civil, familia e infancia e capacidade.
2- Área social, mercantil e contencioso-administrativa.
3- Área penal.
Mercantil pasa para o Área civil, quedando da seguinte maneira:
1- Área civil, mercantil, familia e infancia e capacidade.
2- Área social e contencioso-administrativa.
3- Área penal.
Posto que a DXX publicou o borrador que nos pasou hai días coa única modificación dita anteriormente, dende STAJ manifestamos que recurriremos esta resolución por falta de negociación e por que non estamos de acordo con este deseño e estrutura da oficina xudicial, xa que non se tivo en conta ningunha das alegacións feitas por este sindicato.
Estas foron as alegacións feitas de forma conxunta polos 7 sindicatos, entre eles STAJ:
A DXX fai a mesma estrutura para todos os partidos xudiciais, volvendo a poñer na mesma vara de medir partidos xudiciais con 4 funcionarios que con 32, á DXX dalle igual todo, criterio unitario. Dende STAJ seguimos con incredulidade outra vez máis a proposta única e en masa, polo tanto, propoñemos que se faga a seguinte inclusión:
1. Que se cree unha área civil e outra penal, como destinos diferenciados nos partidos xudiciais con 2,3 e 4 xulgados, e necesario facer unha división orgánica na RPT con ÁREA CIVIL e ÁREA PENAL (cun equipo diferenciado dentro da RPT de VIOLENCIA SOBRE A MULLER) dentro do Servizo Común de Tramitación.
2. Aparte do anterior, nos partidos xudiciais que hoxe teñan DECANATO, dende STAJ solicitamos crear o SERVIZO COMÚN XERAL: co persoal de auxilio e o persoal de DECANATO con Rexistro e Reparto, cos postos singularizados correspondentes.
Con respecto a estrutura da Fase III as alegacións foron feitas en unidade sindical pedindo que se creasen máis Áreas dentro dos Servicios Comúns, e dentro de estos solicitamos que se creasen equipos orgánicos que sean destinos diferenciados.
Solicitando tamén a creación de máis Áreas e quipos en Ferrol.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras