No día de onte estaba convocada Mesa Sectorial coa Dirección Xeral de Xustiza coa seguinte Orde do día:
- Aprobación da ACTA da sesión anterior.
- Negociación do proceso de REORGANIZACIÓN DE EFECTIVOS da PRIMEIRA FASE.
- Rogos e Preguntas.
Con respecto ao punto 2, STAJ difundirá a nota que ao longo da mañá de hoxe se elabore xunto cos outros sindicatos cos que actuamos en conxunto neste preceso.
En canto aos rogos e preguntas, STAJ expuxo as seguintes dúbidas que pasamos a referenciar:
ROGOS E PREGUNTAS:
VACACIÓNS. Con respecto á normativa das vacacións que soe saír tódolos anos a mediados do mes de maio, a Dirección Xeral vaise poñer previamente en contacto coas respectivas xefaturas de servizo das catro Delegacións Provinciais e, de seguido, darannos intervención aos Sindicatos para valorar os efectos dos cambios que se aveciñan coa instauracion dos Tribunais de Instancia, sobre todo na primeira fase que comenza o 1 de xullo. STAJ non permitirá que con esa excusa non se aproben vacacions solicitadas ou se anulen as concedidas.
VACACIÓNS DO PERSOAL INTERINO. Os interinos que teñan xeradas vacacións dende principios do ano, informános de que van seguir acumulando vacacións a partir do 1 de xullo.
TELETRABALLO. En canto ao teletraballo, a Dirección Xeral non é partidaria de implantalo ata que finalice e quede completamente consolidado o proceso de acomplamento e candotodo o persoal xa estea de forma definitiva nos seus novo, o que nnos levaría a pricipios do ano 2026.Deixaron caer a posibilidade de que se podía aprobar unha normativa que entrase solo en vigor naqueles xulgados que entran na FASE I dos Tribunais de Instancia, para despois entar nas cidades.
QUENDAS AUXILIO. Aínda que non nolo aseguraron ao cen por cen, é moi probable que o servizo de quendas que existe na actualidade para o corpo de Auxilio Xudicial nas cidades desapareza, así coma o servizo de apoio.
PROTOCOLOS DOS SECRETARIOS COORDINADORES. As organizacións sindicais pedimos traslado dos mesmos, e asegúrannos de que se reuniron a semana pasada tódolos secretarios coordinadores de España, mais de momento non quedou reflexado nada de ditos protocolos ou dos acordos acadados.
Tamén se nos informa de que existe a posibilidade de que nalgunhas vilas se podería traballar por fases dos procedementos, sen decirnos concretamente onde por non ser competencia directa deles, senón que sería cuestión a decidir polos propios Secretarios Coordinadores ou polo Secretario de Goberno TSX.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras