viernes, 11 de abril de 2025

Xulgados que percibirán complemento retributivo, por obxectivos, por causas de Violencia de Xénero

A Dirección Xeral de Xustiza comunícanos os xulgados cun complemento retributivo por obxectivos de carácter mensual que percibiría aquel persoal funcionario que tivese o seu destino nos centros de traballo con competencias en materia de violencia sobre a muller segundo a seguinte clasificación:

a) Xulgados exclusivos de violencia sobre a muller (en Galicia son os da Coruña e Vigo).

b) Xulgados de instrución que asumen a materia de violencia sobre a muller de xeito compartido con outras materias penais, do resto das cidades galegas (Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense e Pontevedra). Actualmente existen 5 xulgados de instrución con estas características:

· Xulgado de Instrución núm. 2 de Ferrol

· Xulgado de Instrución núm. 3 de Santiago de Compostela

· Xulgado de Instrución núm. 3 de Lugo

· Xulgado de Instrución núm. 3 de Ourense

· Xulgado de Instrución núm. 3 de Pontevedra

c) Xulgados de primeira instancia e instrución do resto dos partidos xudiciais que asumen a materia de violencia sobre a muller de xeito compartido con outras materias penais, sempre que no ano anterior incoasen polo menos 75 ou máis dilixencias en materia de violencia sobre a muller.


Na estatísca correspondente do Consello Xeral do Poder Xudicial sobre os datos do ano 2024 constátase que cumpren o criterio os seguintes xulgados de primeira instancia e instrución que asumen a materia de violencia sobre a muller:

• Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 3 de Betanzos

• Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 1 de Carballo

• Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 1 de Noia

• Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 1 de Ordes

• Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 3 de Ribeira

• Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 1 de Mondoñedo

• Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 1 de Monforte de Lemos

• Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 2 de Viveiro

• Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 1 do Barco de Valdeorras

• Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 2 do Carballiño

• Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 1 Verín

• Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 2 de Caldas de Reis

• Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 3 de Cambados

• Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 2 de Cangas

• Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 1 de Lalín

• Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 2 de Marín

• Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 1 de Ponteareas

• Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 3 do Porriño

• Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 2 de Redondela

• Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 1 de Tui

• Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 3 de Vilagarcía de Arousa



Polo que catro novos xulgados pasan a cumprir os requisitos, e cobrarán o devandito complemento con efectos económicos dende o 01.01.2025:

• Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 1 de Mondoñedo

• Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 1 do Barco de Valdeorras

• Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 1 Verín

• Xulgado de Primeira Instancia e Instrución núm. 1 de Lalín


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras