No
día de hoxe a Dirección Xeral de Xustiza
autorizou chamamentos de persoal interino para que presten servizos nos
seguintes órganos que relacionamos por provincias:
miércoles, 30 de abril de 2025
Últimos chamamentos de persoal interino
Auxilio estabilización concurso: lista de renuncias
martes, 29 de abril de 2025
Convocatoria Mesa Sectorial Xustiza.
A DXX ven de convocarnos a unha reunión
da Mesa Sectorial de Xustiza para o próximo 5 de maio coa seguinte ORDE DO DÍA:
Aprobación da acta da sesión anterior.
- Proposta
de Acordo para a mellora das condicións de traballo do persoal ao servizo
da Administración de xustiza de Galicia.
- Negociación
do proceso de REORDENACIÓN DE EFECTIVOS da PRIMEIRA FASE.
- Rogos e preguntas.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras
Incidencias nas aplicacións.
Na Intranet de xustiza atopamos a seguinte información:
Tras a apagada xeneralizada producida no día de
onte, estanse a detectar incidencias nas aplicacións dependentes do Ministerio
de Xustiza: LexNET, Dicireg, Inforeg, Acceda, Escritorio Integrado, etc.
No caso de LexNET están a afectar ao acceso a
aplicación, ao envío automatizado desde Minerva (Wasmin) e a entrada e saída de
comunicacións desde Fortuny.
A DXTAX está traballando o máis axiña posible
por recuperar a normalidade en todos os seus servizos.
Comunicaremos a resolución en canto se produza.
Sentencia gañada por STAJ - Recoñecemento de trienios en substitución vertical
Incídencia apagón electrico.
A DXX infórmanos do seguinte:
Non é preciso facer
incidencia horaria por o día 28 de abril ( apagón eléctrico), faráse de oficio.
Hoxe suspenderonse as
clases nos colexios polo tanto mañá día 30
pódese solitar o permiso por deber inexcusable no OPAX todos aqueles que
teñan nenos minores de idade.
lunes, 28 de abril de 2025
Borrador da norma que estrutura e divide a oficina xudicial.
A DXX remitiunos un borrador da resolución que establece a estructura da oficina xudicial dos Tribunais de Instancia, pero non pretende negociar cos sindicatos esta norma tan importante. Todas as organizacións sindicais estivemos de acordo en esixirlle á DXX que negocie esta norma, porque modifica as condiccións de traballo dos funcionarios/as, e polo tanto, a lei esixe que teñen que ser negociadas.
O pasado mércores 23 de abril o Director Xeral negouse en rotundo a negociar esta norma e manifestou que pensa publicala no DOG proximamente sen escoitar aos funcionarios de xustiza, que somos os que máis nos veremos afectados por ela.
Entre os puntos máis destacados do borrrador de resolución, que divide as oficinas xudiciais, están os seguintes:
- Según esta norma, a oficina xudicial divídese en SERVIZOS COMÚNS (onde os haxa). Dentro dos servizos comúns poderá haber áreas e dentro das áreas equipos e grupos de traballo. É moi importante diferenciar que os servizos comúns e as áreas teñen carácter estructural, é dicir, son destinos indepedentes e pódese concursar a eles e, unha vez dentro dun servizo común ou área concreta, non nos poderán mover forzosamente a outra área ou a outro servizo común. Según o texto que nos pasaron os equipos son solo funcionais, non constituen centro de destino diferenciado, cousa que sí permite a Lei de Eficiencia, pero que a Xunta se nega a establecer, e polo tanto non se reflicten nas RPTs, igual que os grupos de traballo que solo teñen carácter funcional. O esquema, que preteenden cn esta borrador sería o seguinte:
- O borrador establece as funcións de cada Servizo común. As funcións de cada corpo seguen a ser as que establece a Lei Orgánica do Poder Xudicial.
A Lei de Eficiencia permite que se estableza na normativa que determina a estrutura da oficina xudicial, que os equipos que se creen teñan carácter estrutural, de xeito que eses equipos sexan centro de destino aos que concursar e, unha vez dentro dun equipo, o xefe do servizo común ou da área non nos poida mover a outro equipo con funcións e materias distintas.
Os
modelos de organización da oficina xudicial aplicables aos partidos xudiciais
en Galicia según este borrador, son:
-
MODELO 1. Oficina xudicial integrada, exclusivamente,
polo servizo común de tramitación, que asumirá a totalidade das funcións
procesuais e administrativas.
- MODELO 2. Oficina xudicial integrada polo servizo
común xeral, polo servizo común de tramitación do tribunal de instancia e mais
polo servizo común de execución. Ademais, segundo os casos, podería completarse
co servizo común de tramitación da audiencia provincial e co servizo común de
tramitación do Tribunal Superior Xustiza. Así, dentro deste modelo pódense dar
as seguintes variantes:
Modelo 2.1. Modelo base de
oficina xudicial integrada polo servizo común xeral, polo servizo común de
tramitación do tribunal de instancia e mais polo servizo común de execución.
Non se considera a división en áreas destes servizos comúns.
Modelo 2.2. Modelo de oficina
xudicial integrada polo servizo común xeral, polo servizo común de tramitación
do tribunal de instancia e mais polo servizo común de execución. Ademais, o
modelo complétase co servizo común de tramitación da audiencia provincial nos
partidos xudiciais que teñen a súa sede en capitais de provincia e nas
localidades nas que se constituíran seccións da mesma con base no artigo 80.2
da LOPX. Á súa vez, este modelo pódese estruturar tamén do seguinte modo:
Modelo
2.2.1. Cunha
estrutura interna na que se identifican as seguintes áreas:
-
No servizo común xeral:
1.
Unha área de rexistro-repartición e asuntos xerais.
2.
Unha área de actos de comunicación.
-
No servizo común de tramitación do tribunal de instancia:
1.
Unha área civil; social; contencioso-administrativa; de familia,
infancia e capacidade; e mercantil.
2.
Unha área penal (que se estende a toda a orde xurisdicional penal).
-
No servizo común de execución:
1.
Unha área civil; social; contencioso-administrativa; de familia,
infancia e capacidade e mercantil.
2.
Unha área penal (que se estende a toda a orde xurisdicional penal, agás, no seu
caso, a vixilancia penitenciaria).
Modelo
2.2.2. Cunha
estrutura interna na que se identifican as seguintes áreas:
-
No servizo común xeral:
1.
Unha área de rexistro-repartición e asuntos xerais.
2.
Unha área de actos de comunicación.
-
No servizo común de tramitación do tribunal de instancia:
1.
Área penal (instrución, violencia sobre a muller; violencia contra a infancia e
a adolescencia; penal; menores; e, no seu caso, vixilancia penitenciaria).
2.
Área civil, familia, infancia e capacidade e mercantil.
3.
Área social e contencioso-administrativa.
-
No servizo común de execución:
1.
Unha área civil; social; contencioso-administrativa; de familia,
infancia e capacidade; e mercantil.
2.
Unha área penal (que se estende a toda a orde xurisdicional penal, agás, no seu
caso, a vixilancia penitenciaria).
Modelo
2.3. Modelo de
oficina xudicial integrada polo servizo común xeral, polo servizo común de
tramitación do Tribunal Superior de Xustiza, polo servizo común de tramitación
da audiencia provincial, polo servizo común de tramitación do tribunal de
instancia e mais polo servizo común de execución.
Á
súa vez, este modelo pódese estruturar tamén do seguinte modo:
-
No servizo común xeral:
1.
Unha área de rexistro-repartición e asuntos xerais.
2.
Unha área de actos de comunicación.
-
No servizo común de tramitación do tribunal de instancia:
1.
Área penal (instrución, violencia sobre a muller; violencia contra a infancia e
a adolescencia; penal; menores; e vixilancia penitenciaria).
2.
Área civil, familia, infancia e capacidade e mercantil.
3.
Área social e contencioso-administrativa.
-
No servizo común de execución:
1.
Unha área civil; social; contencioso-administrativa; de familia,
infancia e capacidade; e mercantil.
2. Unha área penal (que se estende a toda a orde xurisdicional penal, agás vixilancia penitenciaria).
ESQUEMAS COA ESTRUTURA DE CADA UNHA DAS SETE CIDADES GALEGAS.
viernes, 25 de abril de 2025
Rpts Lajs de Galicia. Fase I de los tribunales de Instancia
Gestión procesal, acceso libre, orden PJC/64/2024. Apertura plazo documentación lenguas
miércoles, 23 de abril de 2025
Persoal interino: últimos chamamentos
No día de hoxe, foron autorizados os seguintes chamamentos de persoal interino a través do OPAX para que preste servizo nos seguintes órganos que relacionamos por provincias: